O vindeiro mércores 22 de xuño as 19:00 h. terá lugar na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola una interesante conferencia a cargo do xornalista e debuxante Siro López, quen debuxará a frutífera traxectoria e analizará a calidade técnica de Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina, unha figura que, malia a súa relevancia nas artes plásticas, é aínda escasamente coñecida en Galicia como artista galego e referente no seu país de adopción, Arxentina.
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Data: 22 de xuño, mércores
Hora: 19:00
Ningún comentario:
Publicar un comentario