venres, 28 de outubro de 2016

O próximo sábado 5 de novembro nace o OBSERVATORIO SOCIO-EDUCATIVO INSPIRA

O próximo sábado 5 de novembro nace o  OBSERVATORIO SOCIO-EDUCATIVO INSPIRA



A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola (R/Alfonso XIII, 3,36002 Pontevedra), a través do seu programa de Voluntariado promove o  “Observatorio Socio-educativo Inspira”, 6 sesións de charlas que teñen por finalidade abrir un espazo de debate e encontro entre os/as implicados/as de forma directa ou indirecta no ámbito do cambio e a dinamización socio-educativa.
O ciclo desenvolverase un sábado ao mes e pretende ter continuidade no tempo, convidando a diferentes protagonistas do cambio que dun xeito ou outro levan a cabo propostas inspiradoras e positivas de cambio, innovación e compromiso coa educación e a sociedade en todos os niveis formativos e educativos.
O observatorio estará coordinado por Rocío Gómez-Juncal, psicóloga e dinamizadora socio-educativa, formadora en áreas de psicoloxía básica e creatividade e voluntaria na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.
O programa previsto para estes vindeiros 6 meses se iniciará o próximo sábado 5 de novembro. Entrada libre ata completar aforo

Máis información no folleto:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...