venres, 9 de decembro de 2016

"LECTURA SOLIDARIA-LIBROS POR ALIMENTOS": CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

CAMPAÑA SOLIDARIA NO NADAL DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA
                          "LECTURA SOLIDARIA-LIBROS POR ALIMENTOS"



Con motivo do Nadal na Biblioteca Pública de Pontevedra do 12 de decembro de 2016 ao 8 de xaneiro de 2017 Campaña "lectura solidaria-Libros por alimentos" coa recollida de produtos alimenticios non perecedoiros que terán como destino o Banco de Alimentos de Vigo que abastece a toda a provincia de Pontevedra. 

As sancións por atraso na devolución dos materiais levados en préstamo anularanse mediante a entrega de alimentos non perecedoiros segundo a seguinte táboa de equivalencia:


*Sancións ata 10 días: 2 Kilos ou 2 litros, ou 2 paquetes, ou 2 latas... de galletas, lentellas, arroz, leite, conservas, 1 paquete de papas de cereais...

*Sancións ente 10 e 30 días: 4 Kilos ou 4 litros, ou 4 paquetes, 4 latas... de galletas, lentellas, arroz, leite, conservas, 2 paquete de papas de cereais...

*Sancións de mais de 30 días: 6 Kilos ou 6 litros, ou 6 paquetes, ou 6 latas... de galletas, lentellas, arroz, leite, conservas, 1 bote de leite infantil...

Pero non fai falta estar sancionado para participar neste proxecto solidario, polo que invitamos a todos os lectores que devolven en prazo os materiais da Biblioteca a sumarse a esta iniciativa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...