Publicacións

Mostrando publicacións desta data: June 16, 2016

Conferencia sobre José María Cao Luaces, a cargo de Siro López

Imaxe
O vindeiro mércores 22 de xuño as 19:00 h. terá lugar na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola una interesante conferencia a cargo do xornalista e debuxante Siro López, quen debuxará a frutífera traxectoria e analizará a calidade técnica de Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina, unha figura que, malia a súa relevancia nas artes plásticas, é aínda escasamente coñecida en Galicia como artista  galego e referente no seu país de adopción, Arxentina.



Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola Data: 22 de xuño, mércores Hora: 19:00

OBRADOIROS DE VERÁN 2016 XULLO-AGOSTO

Imaxe
Como vén sendo habitual durante os meses de xullo e agosto a Biblioteca Pública de Pontevedra  Antonio Odriozola ofrece actividades para os seus usuarios impartidas polos monitores de Anias Formación e Xestión Sociocultural

Xullo 2016
- Obradoiro de modelado e creación de historias 4 a 7 anos Os martes 5, 12, 19 e 26 de xullo 11:00 h a 12:30 h
- Obradoiro de cine 8 a 12 anos Os xoves 7, 14, 21 e 28 de Xullo 11:00 h a 12:30 h
Agosto 2016
- Obradoiro de contos en inglés 4 a 7 anos Os martes 2, 9, 16 e 23 de agosto 11:00 h a 12:30 h
- Obradoiro de robótica lego 8 a 12 anos Os xoves 4, 11, 18 e 25 de agosto 11:00 h a 12:30 h

A inscrición para estes obradoiros é gratuíta e faise presencialmente na biblioteca (hai que cubrir unha solicitude). Comeza o 20 de xuño (en horario de 09:00 a 14:00 h.)  e remata o completar as prazas. Límite de  3 solicitudes por persoa, adxudicadas por orden de chegada. Pódese elixir entre os meses de xullo ou agosto.

Máis información na  Biblioteca Pública de Pontevedra (r/Alfonso…