A imaxe das bibliotecas e o persoal bibliotecario no cine. Mostra.
Do 6 ao 31
de outubro na planta baixa da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio
Odriozola
A presencia das bibliotecas no sétimo arte non é un feito
aillado.
Esta mostra organizada pola Biblioteca Pública de Pontevedra
Antonio Odriozola recolle algúns dos principais filmes nos que saen
bibliotecari@s e bibliotecas, xa sean públicas ou privadas.
Películas como Ágora, Harry Potter ou El
nombre de la rosa conducen aos espectadores por bibliotecas de diferentes
épocas e con distintos tipos de fondos.
Dende sempre, o mundo do libro e das
bibliotecas aparece reflictido no cine.
Son moitas as películas nas que hai
escenas que suceden en salas de bibliotecas, xa sexan públicas ou privadas,
onde o espectador pode ver como é o traballo bibliotecario, como se organizan
os fondos e que servizos se ofrecen.
A biblioteca é o lugar onde se
investigan crimes, onde acubillarse en caso de perigo, onde declarar o amor á
persoa amada…
En definitiva, o cine, co seu carácter
expansivo, axuda a abrir as portas do mundo bibliotecario a toda persoa que
queira entrar.
A imaxe dos bibliotecarios no cine tamén se trata na mostra:
Cando comeza a aparecer no cine, a bibliotecaria é sempre
unha muller maior, solteirona, con lentes e moño, e ridiculizada en moitas
ocasións pola súa idade, como sucede en Historias de Filadelfia
ou Cazafantasmas. Esa imaxe estereotipada pervive aínda ata os
nosos días.
O bibliotecario, pola contra, aparece como un home sabio,
con autoridade, con coñecementos de historia, como gardián dos libros e do
saber. Tal é o caso de Jorge de Burgos no filme En el nombre de la rosa.
No cine de ficción, a biblioteca é escenario frecuente na búsqueda de información ou clave que axude a resolver un problema.
Algúns cineastas representan fielmente unha biblioteca e o traballo que nelas se realiza como en El carnaval de las tinieblas (Jack Clayton, 1983).
Mais na maior parte dos casos, son representadas bibliotecas que pouco teñen que ver coa realidade, xa sexa pola carga de estereotipos en Los cazafantasmas (Ivan Reitman, 1984) ou polo fantásticas que se representan en Más allá de los sueños (Vicent Ward, 1998).
Ningún comentario:
Publicar un comentario