luns, 26 de febreiro de 2018

Actividades infantís de marzo




  • 2 de marzo, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: Ernestina Otero, semente de igualdade, semente de liberdade”, a cargo de Polo Correo do Vento
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo



  • 9 de marzo, venres: Sesión de contos Cinema de historias, a cargo de Raquel Queizás
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 16 de marzo, venres: Sesión de contos: Unha de piratas”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 23 de marzo, venres: Contos para bebés Os contos do chupete, a cargo de Bea Campos (Migallas)
Sinopse: Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos nesta proposta para bebés na que gozar en familia.
Público destinatario: Bebés (0-3 anos).  
Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 12 de marzo, luns, por teléfono 886 15 92 50 ou na biblioteca, na planta baixa (Información), de 9 a 20:30 h.
As invitacións recolleranse na planta baixa (Información)
25 bebés (+ 1 adulto por bebé)
Lugar: Sala de obradoiro
Hora: 18:00
Entrada de balde


xoves, 1 de febreiro de 2018

Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2018


Do 1 de febreiro ata o 16 de maio.



Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2018”?
É unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Que teño que facer?
Ler catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía, teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da Biblioteca porá un selo nun pasaporte.

Canto dura a actividade?
Dende o 1 de febreiro ata o 15 de maio poderánse levar os libros en préstamo.

Que fago cando complete o "Pasaporte"?
Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. Non será necesario estar presente para recibir o premio, a Biblioteca contactará cos usuarios gañadores.

Cantos pasaportes podo completar?
Non hai número limitado de pasaportes, pódense ler cantos libros se queiran.

Ler ten premio?
Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.




mércores, 31 de xaneiro de 2018

Actividades infantís de febreiro 2018


  • 3 de febreiro, venres: Sesión de contos: Contos de animais, a cargo de Bea Campos (Migallas)


Sinopse: Contos con música a partir de 3 anos. Divertidas historias de osos, ratos e cabritos para gozar en familia.

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo




  • 9 de febreiro, venres: Obradoiro de entroidoMáscaras e contos”, a cargo Anias

Sinopse: Obradoiro de entroido baseado nun conto cargado de sorpresas onde os participantes realizarán as máscaras das personaxes principais da historia
Público destinatario: Nen@s de 4 a 7 anos (25 prazas)
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 19:30
Con inscripción previa, a partir do 1 de febreiro, na entrada da Biblioteca (Información) ou por teféfono (886 15 92 50), en horario de 9 a 20:30.
Entrada de balde












  • 16 de febreiro, venres: Sesión de contos Contos para Ravachol”, a cargo de Pavís Pavós



Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo



  • 24 de febreiro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: Carola, a carteira centola”, a cargo de Polo Correo do Vento

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo



martes, 30 de xaneiro de 2018

Federico Ribas (1890-1952)

Mostra bibliográfica sobre o debuxante e publicista vigués.





Na Biblioteca Pública de Pontevedra ata o 23 de febreiro de 2018.






Naceu no ano 1890 en Bouzas (Vigo), aínda que marchou a Bos Aires, onde se aducou ao debuxo e á decoración. Colaborou en varias publicacións e foi pioneiro na Arxentina en humor gráfico. Viviu en París e de novo en España (Madrid).



Colaborou en grandes revistas da época como"Blanco y negro" ou "La esfera". Tamén traballou para "Faro de Vigo" e "El Pueblo Gallego".



Os seus anuncios e carteis como publicista, as súas acuarelas de temas mariños, as adaptacións de obras literarias e contos infantís... fan del un artista imprescindible das primeiras décadas do século XX.


A obra de Federico Ribas está nos museos de Galicia e nas coleccións e arquivos de Prensa española e nas empresas industriais, publicitarias e editoriais onde traballou.






Un mundo de ilustracións

O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. O protagonista deste ano é Camilo Díaz Baliño.

Na sala infantil, este ano queremos celebralo cos máis cativos, cunha maravillosa selección de álbumes ilustrados con premios ou de formato grande. Así naceu este centro de interese: "Un mundo de ilustracións".





 

mércores, 17 de xaneiro de 2018

30 de xaneiro. Día da Ilustración


O Día da Ilustración foi instituído pola Xunta de Galicia hai catro anos, como parte do seu Calendario do libro e da lectura, tomando a data do 30 de xaneiro, día do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.



Por iso lembramos algúns Premios de Ilustración do ano 2017:

 --Premio Internacional Compostela de Album Ilustrado:

--Premio Lazarillo de Ilustración 2017 para Jesús Cisneros.
http://revistababar.com/…/premio-lazarillo-de-ilustracin-2…/

--Premio Nacional de Ilustración 2017 para Alfredo González Sánchez:

-- Premio mundial de Ilustración 2017:

-- Premio internacional de Ilustración Feria de Bolonia- Revista SN:

E en marcha está o I Premio Internacional de Ilustración do salón do Libro e Pontevedra:





Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...