venres, 2 de maio de 2014

Actividades maio 2014. Biblioteca Pública de Pontevedra. Adultos.

*Efemérides: Día das Letras Galegas. 17 de maio.

"Pasaporte da lectura das letras galegas". Do 1 de febrero ata o 15 de maio
Unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Lectura de alomenos catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2014”, que contén unha selección de obras de/ou sobre autores homenaxeados nas diferentes edicións do día das letras galegas. Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaránse na furna situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público de tres lotes de libros entre os pasaportes recibidos. 

*Centros de Interese


-Literatura japonesa actual,  ata o 15 de maio

-Literatura Italiana: do 16 ao 30 de maio


*Presenza da Biblioteca nos actos culturais da cidade. Feria do Libro 2014




A Biblioteca contará cun stand para presentar a todos os visitantes parte da súa colección, levando unha representación de todos os formatos existentes na biblioteca e para todas a idades. Os visitantes poderán informarse sobre os servizos e das actividades que a biblioteca ofrece, xa se persoalmente a través do noso persoal presente no stand ou a través de dípticos informativos. Tamén se ofrecerá aos usuarios a posibilidade de facerse socio da biblioteca na mesma Feira do Libro.

Entre as actividades que ofrecerá a Biblioteca do 6 a 11 de maio poderemos encontrar:

-Club de lectura:
"Club de Lectura en Galego" presencial na Feira o mércores as 20:00 h. O resto dos clubs (Castelán, inglés, Portugués e Francés) serán invitados a visitar a feira.

-Visitas á Feria do Libro dentro do “Programa de Formación de Usuarios e Animación a Lectura para Centros Escolares” da biblioteca. As actividades faranse na carpa e despois pasarán polo stand para ver os libros...


  • Mércores, 7. Nenos de 6-8 anos. Colexio Inmaculada (Marín). De 10 a 11 h.
  • Mércores, 7.  Nenos de 6 a 8 anos. Colexio Inmaculada (Marín). De 11:15 a 12:15 h.
  • Xoves, 8.  “A Cebra Camila”.  Nenos 5 anos. CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra). De 11a 12 h.
  • Xoves, 8.  “A Cebra Camila”. Nenos 4 anos. CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra). De 12 a 13 h.
  • Venres, 9. “A Cebra Camila”. Nenos 5 anos. CEIP Álvarez Limeses (Pontevedra). De 11a 12 h.

-Contacontos:




• Venres, as 18:00 h.  Contacontos a cargo de Beatriz Campos "Contos nas orellas". para nenos a partir de 3 anos. A actividad farase na carpa e despois pasarán polo stand para ver os libros...



*Conferencias/Obradoiros

-Ata o 30 de maio: Letras Galegas 2014

-Día 27 de maioCharla/obradoiro : Como Ahorrar en la facura de la luz. Adicae

-Día 29 de maio. Conferencia Feng Shui.


*Linguas

Os venres do 2, 9, 16, 23 e 30 de  19:44 a 20:45 h. "Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extranxeiros" na Biblioteca Pública de Pontevedra. Sala de obradoiros. 


*Exposicións
      
- Arteterapia. Sala de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 h., sábados de 10 a 14 h.

*Marzo-xuño de 2014: Clubs de lectura Castelán, Galego, Inglés e Portugués

Club de lectura en Galego (martes alternos de 18:00 h a 19:00 h). Coordina Patricia Saavedra. Datas: 6  e 20 de maio. 

 - Club de lectura en Portugués  (luns alternos de 18:00 a 19:00 h). Coordina Marta Isabela Bogado. Datas: 5 e 19 de maio
  
Club de lectura en Inglés (martes de 19:45 h a 20:45 h.). Coordina Victor Machín. Datas: 6 e 20 de maio

 - Club de lectura en Castellano (mércores de 17:00 a 18:00 h). Coordina Santiago Eizaguirre. Datas: Todos os mércores. 

Novembro 2013 - maio  2014: "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"

                                
*Durante todo o ano: Visitas á Biblioteca, previa concertación de cita.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...