martes, 13 de maio de 2014

Maio, mes das letra galegas.



Pasaporte da lectura das letras galegas.  Do 1 de febrero ata o 15 de maio
Unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.

Lectura de alomenos catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2014”, que contén unha selección de obras de/ou sobre autores homenaxeados nas diferentes edicións do día das letras galegas. Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaránse na furna situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público de tres lotes de libros entre os pasaportes recibidos. 


16 de maio, venres: Obradoiro “Xogando coas letras”, a cargo de Eduvia (Patricia  Rodríguez). Especial Día das Letras Galegas, 17 de maio “Xosé María Díaz Castro”

 

Sinopse: Xogando coas letras mostraranos a faceta políglota de Díaz Castro, faranos reflexionar sobre a importancia da diversidade lingüística e adentrarnos no interesante mundo das linguas, sempre divertido e enriquecedor. Français, Deutch, English

Público destinatario: Nen@s de 6 a 11 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: De 18:00 a 19:30

Con inscrición previa, a partir do 5 de maio, luns, ata ocupar as prazas (20) na entrada da Biblioteca (Información), en horario de 9 a 14h., por teléfono no 986 850838ou por correo electrónico na seguinte dirección: biblio.publica.pontevedra@xunta.es

Entrada de balde




 23 de maio, venres:  Contos + debuxo: “A volta ao mundo de Penélope”, a cargo de Polo Correo do Vento (Especial sesión de contacontos polo 17 de maio, Día das Letras Galegas)

 

Sinopse: Sesión na que se propón unha maridaxe entre a oralidade e a elaboración dun debuxo mural combinada coa música de Roberto Taboada. Se tratará unha temática de homenaxe o autor Xosé María Díaz Castro e o noso  idioma.

 

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala infantil

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...