mércores, 28 de xaneiro de 2015

ACTIVIDADES INFANTIL - FEBREIRO 2015


6 de febreiro, venres:  Sesión de contos “Tres contos e pico”,  a cargo de Pavís Pavós

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

13 de febreiro, venres: Obradoiro de maxia, a cargo de Leo Leíño

Sinopse: Neste obradoiro aprenderemos os nosos primeiros trucos de ilusionismo e faremos unha historia máxica coa nosa baralla de póker. Deixaremos abraiados aos nosos familiares e amigos.
Público destinatario: Nen@s de 7 a 12 anos (20 prazas)
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 19:30
Con inscripción previa, a partir do 4 de febriero, na entrada da Biblioteca (Información), en horario de 9 a 21 h., por teléfono no 986 850 838 ou por correo electrónico na seguinte dirección: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
É necesario que cada nen@ traia a súa baralla de póker

20  de febreiro, venres: Sesión de contos “Dada o Duende”, a cargo de Eduvia (Patricia Martínez Rodríguez)

Sinopse: O duende Dada, deleitaranos cun repertorio de contos maravillosos nos que se traballarán diferentes valores. Unha divertida forma de fomentar o hábito lector entre os máis pequenos a través destes contos máxicos.
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

27 de febreiro, venres:  Sesión de contos: “Contos vivos”, a cargo Manuel Solla Barragáns

Sinopse:  Espectáculo de animación á lectura con contacontos, títeres e maxia; interactivo, dinámico e moi divertido. Ademais de contos haberá trabalinguas, cancións, concursos etc
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...