xoves, 8 de xaneiro de 2015

Día do usuario das bilbiotecas

O 11 de xaneiro as biblbiotecas públicas celebran o "Día do usuario das bibliotecas"e na nosa biblioteca ímolo festexar deste xeito o venres 9 de xaneiro:


  • Visita guiada pola biblioteca ás 11:30 h
  • Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o Día do Usuario para todos os lectores que se acheguen á Biblioteca Pública de Pontevedra a celebrar esta conmemoración:
  •  Nomeamento de tres superlectores adultos e catro superlectores infantís.



- Adultos: ata 15 obras en total para escoller entre 10 libros prestables de adultos, 10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables.
- Nenos: ata 15 obras en total para escoller entre10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables.
Todos os usuarios poderán solicitar ese día 2 obras en préstamo intrabibliotecario.

Serán os nosos "Socios de honra" para o ano 2015. Estes usuarios foron os que máis documentos levaron en préstamo no ano 2014; algúns deles mesmo, non se atrasaron nin un só día nas súas devolucións. Parabén!.

    Nomeamento de Socios de Honra: para os 4 usuarios infantís e 3 adultos con máis préstamos no último ano, os “superlectores”.

Este nomeamento durará 1 ano, ata o vindeiro día do usuario 2016, e lles dará a opción aos agraciados de levar máis obras en préstamo que o habitual durante este ano: 10 libros prestables de adultos e/ou 10 libros prestables infantís, 6 materiais especiais e 4 publicacións periódicas prestables; e en total, ata 25 obras o socio de honra adulto e 20 obras o socio de honra infantil.

O superlector conservará o mesmo carné físico que xa posúe, e non precisa cambialo. Se durante o ano, o superlector infantil cumprise a idade de cambio para lector adulto, cambiarase o seu tipo de carné a socio de honra adulto ata finalizar o ano.
                                                                                                 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...