GaliciaLe / eBiblio . Outubro 2016
A partir do día 1 de outubro O servizo de préstamo de libros electrónicos e audiolibros eBiblio (é dicir a parte que alberga os títulos en castelán dentro de GalciaLe), ofrecido pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria en colaboración coas Comunidades e Cidades Autónomas, ha migrado a unha nova plataforma. Migrando desde Libranda, antiga plataforma a ODILO.
Esta nova plataforma ampla as funcionalidades ofrecidas engadindo:
- Lectura en Kindle mediante streaming
- Utilización da mesma contrasinal para a app de eBiblio e a conta de Adobe Dixital Editions
- Préstamo desde a pantalla de inicio
- Previsualización de contidos
- Flexibilidade na devolución dos préstamos incluíndo as descargas con DRM
- Procura por campos e incorporación de procura avanzada e facetada
- Posibilidade de compartir comentarios e opinións a través das redes sociais
- Puntuación de lectura por parte do usuario
- Enlaces á Wikipedia con información sobre os autores
- Deseño específico para pantallas pequenas (menores de 600 píxeles)
Con todo, nestes momentos as melloras atópanse dispoñibles só para unha parte do fondo debido á limitación dalgúns provedores de contidos / editoriais.
Estas limitacións afectarán ás seguintes funcionalidades que ten a nova plataforma en parte dos contidos que se poñen a disposición dos usuarios a través do catálogo:
- A posibilidade de lectura en streaming de parte dos contidos. Só se poderá realizar a lectura dos mesmos a través de descarga (DRM de Adobe)
- A previsualización e devolución antes de 21 días de parte dos contidos
- Os usuarios que tivesen descargados contidos con Adobe previos á migración da plataforma nos seus dispositivos poderán finalizar a súa lectura ata a data de finalización de préstamo, pero non poderán volver descargalos noutros dispositivos.
Desde el Ministerio de
Educación, Cultura y Deporte se está trabajando para solventar dichas
limitaciones y hacerlas extensivas a toda la colección.
O cambio implicará,para todos aqueles usuarios que utilicen a App eBiblio, realizar unha nova instalación da aplicación: para seguir facendo uso da App eBiblio o usuario terá que borrar a aplicación xa instalda (App eBiblio Galicia) e facer unha nova instalación, esta vez da App eBiblio Odiolo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario