xoves, 1 de outubro de 2015

Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares de Pontevedra e a súa Provincia

1Como cada ano, a Biblioteca Pública de Potevedra lanza o seu "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares" 


¿Que Centros escolares poden asistir? Centros de Infantil e Primaria de Pontevedra e a súa provincia.
¿Cando ten lugar? As sesións terán lugar os mércores dende novembro ata maio. 
¿Cantas sesións ofrecemos? Cada mércores ofertaranse dúas sesión  para nen@s de infantil e primaria.

            * A primeira delas de 10:00 a 11:00 horas 
            * A segunda delas de  11:15 a 12:15 horas

¿Cal é  o número recomendado de participantes por sesión?  30 alumnos.

Con inscripción previa, a partir do 1 de outubro 

            *por correo electrónico:  biblio.publica.pontevedra@xunta.es,
            *por teléfono 986 85 08 38 ou 
            *na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...