Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October 1, 2015

"Tardes dos venres na Biblioteca": "Contos fío a fīo" a cargo de Pavís Pavós

Imaxe
O venres 2 de Outubro as 18:00 h. "Contos fío a fío", os nosos amigos de Pavís Pavós visitarán a Biblioteca Pública de Pontevedra para compartir con nos as súas  fantásticas historias. 
Nenos a partir de 3 anos..

Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares de Pontevedra e a súa Provincia

Imaxe
1Como cada ano, a Biblioteca Pública de Potevedra lanza o seu "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"
¿Que Centros escolares poden asistir? Centros de Infantil e Primaria de Pontevedra e a súa provincia. ¿Cando ten lugar? As sesións terán lugar os mércores dende novembro ata maio.  ¿Cantas sesións ofrecemos? Cada mércores ofertaranse dúas sesión  para nen@s de infantil e primaria.
            * A primeira delas de 10:00 a 11:00 horas              * A segunda delas de  11:15 a 12:15 horas
¿Cal é  o número recomendado de participantes por sesión?  30 alumnos.

Con inscripción previa, a partir do 1 de outubro 

            *por correo electrónico:  biblio.publica.pontevedra@xunta.es,
            *por teléfono 986 85 08 38 ou 
            *na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h.