Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October 28, 2016

O próximo sábado 5 de novembro nace o OBSERVATORIO SOCIO-EDUCATIVO INSPIRA

Imaxe
O próximo sábado 5 de novembro nace o OBSERVATORIO SOCIO-EDUCATIVO INSPIRA


A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola (R/Alfonso XIII, 3,36002 Pontevedra), a través do seu programa de Voluntariado promove o “Observatorio Socio-educativo Inspira”, 6 sesións de charlas que teñen por finalidade abrir un espazo de debate e encontro entre os/as implicados/as de forma directa ou indirecta no ámbito do cambio e a dinamización socio-educativa. O ciclo desenvolverase un sábado ao mes e pretende ter continuidade no tempo, convidando a diferentes protagonistas do cambio que dun xeito ou outro levan a cabo propostas inspiradoras e positivas de cambio, innovación e compromiso coa educación e a sociedade en todos os niveis formativos e educativos. O observatorio estará coordinado por Rocío Gómez-Juncal, psicóloga e dinamizadora socio-educativa, formadora en áreas de psicoloxía básica e creatividade e voluntaria na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola. O programa previsto para es…