Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 17, 2018

V CERTAME DE RELATO CURTO

Imaxe
A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o quinto certame de relato curto, que se rexe polas seguintes bases:

PRIMEIRA. Obxectivo O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

SEGUNDA. Participantes Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.

TERCEIRA. Tema O tema será o mar, podendo escoller un mar que sexa o protagonista ou que sirva de contextualización do relato.

CUARTA. Criterios de valoración Orixinalidade no tratamento da temática elixida e no emprego de técnicas e figuras literarias. Uso correcto da gramática e da ortografía.
QUINTA. Condicións de presentación das obras
Cada participante presentará un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.) O idioma elixido pode…