Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March 28, 2019

Conta atrás das Letras Galegas: Rosalía de Castro, 1963

Imaxe
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837.

A súa nai foi María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, de familia fidalga vinda a menos e o seu pai, don José Martínez Viojo, que era sacerdote e non a puido recoñecer como filla.

As tías paternas de Rosalía e a súa nai ocupáronse dela os primeiros anos. Na súa obra veremos o moito que a marcou a súa historia familiar e o feito de nacer filla de nai solteira fidalga.

Estudou algo de francés, debuxo e música e era aficionda ó teatro.

En 1956 viaxa a Madrid á casa duns familiares. Publica o seu primeiro libro “La flor”, que é recibido ben pola crítica e ten boas opinións de Manuel Murguía.

En 1858 casou con Manuel Martínez Murguía e tivo sete fillos: Alenjandra, Aura, os xemelgos Gala e Ovidio, Amara e Adriano). Polo traballo do marido, viviron en diferenetes puntos da xeografía española, ata que en 1871 se trasladaron á Coruña e máis tarde a Santiago. Durante todo este tempo rosalía continuou coa escr…

Historia do Día das Letras Galegas

Imaxe
No ano 1963 tres membros da Real Academia Galega -Manuel Gómez Román, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego- propuxeron nesta institución que se declarase o día 17 de maio de cada ano "Día das Letras Galegas".
A data elixida FOI o 17 de maio, xa que xusto naquel ano celebrábase o centenario de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. Propúñase o día 17 de maio, ó ignorarse a data da publicación do libro, e por ser nese día cando Rosalía de Castro llo dedicou á tamén poeta Fernán Caballero.
A iniciativa tivo moi boa acollida, publicouse unha edición crítica de Cantares Gallegos realizada por Bouza Brey.

Desde aquel ano celebramos este día anualmente e llo dedicamos a escritores galegos e, desde 1991 o Día das Letras Galegas é unha festividade oficial en Galicia.

Os académicos da Real Academia Galega son os encargados de decidir o escritor ou escritora premiado. Debe ser un autor ou autora cunha obra relevante en lingua galega e deben ter transcorridos dez …