Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 18, 2019

Certame de Relato Curto

Imaxe
BASES:



PRIMEIRA. Obxectivo O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.
SEGUNDA. Participantes Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.

TERCEIRA. Tema O tema será a igualdade de xénero.
CUARTA. Criterios de valoración Orixinalidade no tratamento da temática elixida e no emprego de técnicas e figuras literarias. Uso correcto da gramática e da ortografía.

QUINTA. Condicións de presentación das obras
Cada participante presentará un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.) O idioma elixido pode ser o galego ou o castelán. A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e entreliñado de 1,5.

SEXTA. Presentación de orixinais Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos: …