Publicacións

Mostrando publicacións desta data: September 19, 2019

Igualad@s: gymkana pola igualdade

Imaxe
Espazo de educación en igualdade con recursos lúdicos-didácticos 
Os obradoiros "Igualad@s: gymkana pola igualdade" están orientados a público xuvenil e celebraranse na Biblioteca Pública de Pontevedra: Venres 4 de outubro de 18.00 a 20.00 h. para a mocidade de 16 a 18 anos (15 prazas).Sábado 5 de outubro de 11.00 a 13.00 h. para a mocidade de 12 a 15 anos (15 prazas).
Inscrición previa a partir do día 23 de setembro na entrada da Biblioteca (información) ou por teléfono (886159250) en horario de 9.00 a 20.30 h. Entrada de balde.


Esta actividade realízase ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.