Con toda a seguridade que podemos ofrecer, dende a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, queremos anunciarvos que recuperamos algúns servizos máis a partir do próximo luns 15 de xuño.
- Hemeroteca:
- Mediante pedidos, que se farán:
- A través do Formulario de préstamo da web as 24 horas de luns a domingo.
- Por teléfono:
- Nos teléfonos 886 159 812 e 886 159 814.
- De luns a venres de 10.00 a 13.00 h. e de 16.00 a 19.00 h.
- Cando o teu material esté listo porémonos en contacto contigo e darémosche unha cita para recollelo.
- Sala de lectura da terceira planta:
- Capacidade da sala reducida.
- Horario:
- De luns a venres de 9.00 a 14.00h. e de 16.00 a 21.00 h.
- Sábados de 10.00 a 14:00 h.
- Non se poderá acceder á colección que hai na sala.
- Servizo de ordenadores con internet
- Capacidade da sala reducida.
- Horario:
- De luns a venres de 9.00 a 14.00h. e de 16.00 a 21.00 h.
- Sábados de 10.00 a 14:00 h.
Estes servizos veñen a sumarse aos que xa estábamos ofrecendo:
- Devolución sen cita previa, na planta baixa da biblioteca en horario:
- De luns a venres: de 9.00 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h.
- Sábados: de 10.00 a 13.45 h.
- Préstamo (tamén doutras bibliotecas da rede):
- Mediante pedidos, que se farán:
- A través do Formulario de préstamo da web as 24 horas de luns a domingo.
- Por teléfono:
- Nos teléfonos 886 159 812 e 886 159 814.
- De luns a venres de 10.00 a 13.00 h. e de 16.00 a 19.00 h.
- Cando o teu material esté listo porémonos en contacto contigo e darémosche unha cita para recollelo.
- Mediante pedidos, que se farán:
- Novos carnés de usuario:
- Na web tes un formulario para solicitar o carné. Dende a Biblioteca porémonos en contacto contigo.
- Información bibliográfica e referencia: a través do formulario web as 24 horas de luns a domingo.
Lembramos que o uso de mascarilla é obrigatorio para circular pola biblioteca, pero non sentados nos postos de lectura ou de internet, dado que os ditos postos cumpren coa distancia e seguridade e son desinfectados entre usuarios.
Ademáis GaliciaLe continúa ofrecendo o servizo de préstamo de documentos dixitais. Tes toda a información na web da Biblioteca. Para calquera outra dúbida con GaliciaLe podes acceder a este formulario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario