O vindeiro 1 de outubro terá lugar na Biblioteca un obradoiro de Kamishibai para nenos e nenas de 6 a 11 anos no espazo de acticidades da planta baixa. De 18.00 a 19.30 h.
Os nenos e nenas crean historias a partir de lecturas que teñan feito ou ben inventan narrativas novas. Estructúrase a historia en diferentes pranos e configúranse personaxes a través de debuxos, collages...Realízase unha maqueta física do teatro, recortando, pegando e debuxando onde ó rematar cada participante representa a súa historia e poden levar para casa o seu teatriño.
Con inscrición previa a partir do 22 de setembro ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca.
Uso obrigatorio de máscara
Ningún comentario:
Publicar un comentario