martes, 7 de setembro de 2021

Clubs de lectura 2021/2022




Voltan os clubs de lectura da biblioteca:

— Club “Voz de muller” luns alternos desde o 4 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

— Club de francés martes alternos desde o 5 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

— Club de castelán todos os mércores desde o 6 de outubro de 17.00 a 18.00 h.

— Club de galego xoves alternos desde o 7 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

 


Prazo de inscrición inicial: do 21 ao 27 de setembro (só se permitirá a elección dun club por persoa)

20 de setembro: xornada presencial en horario de 9.00 a 14.00 h e 16.00 a 20.45 h na administración da biblioteca (segundo andar).

Do 21 ao 27 de setembro:  inscrición a través deste formulario web.

 


Segundo prazo: aberto todo o ano a partir do 28 de setembro

Neste prazo poderán facerse solicitudes a calquera club, independentemente de que xa se dispoña de praza noutro. As solicitudes serán a través de formulario web.

 


As prazas cubriranse por estrita orde de petición. As solicitudes que queden sen praza formarán una lista de reservas con vixencia durante esta etapa dos clubs.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Obradoiro de Kamishibai

  O vindeiro 1 de outubro terá lugar na Biblioteca un obradoiro de Kamishibai para nenos e nenas de 6 a 11 anos no espazo de acticidades da ...