martes, 18 de febreiro de 2014

Nova etapa dos clubs de lectura (Marzo - Xuño de 2014)

A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha unha nova etapa dos clubs de lectura (Marzo - Xuño de 2014)

 Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, GALEGO, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

- Club de lectura en Galego (martes alternos de 18:00 h a 19:00 h)   Coordinadora: Patricia Saavedra. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.

 - Club de lectura en Portugués  (luns alternos de 18:00 a 19:00 h)   Coordinadora: Marta Isabela Bogado. Datas: 10 e 24 de marzo; 7 e 21 de abril; 5 e 19 de maio; 2 e 16 de xuño.    
      
- Club de lectura en Inglés (martes de 19:45 h a 20:45 h.)    Coordinador: Victor Machín. Datas: 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio; 3 e 17 de xuño.

 - Club de lectura en Castellano (mércores de 17:00 a 18:00 h)    Coordinador: Santiago Eizaguirre. Datas: Todos os mércores dende o 12 de marzo ao 25 de xuño.

                       
INSCRICIÓNS A PARTIR DO 20 DE FEBREIRO 

- En horario de 9 a 14 h. directamente na biblioteca (4ª planta)
- No telefono 986 85 08 38 en horario de 9 a 14 h.
- Enviando un correo electrónico  a biblio.publica.pontevedra@xunta.es  e poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse.

No correo incluír tamén os seguintes datos:

-Nome e apelidos,
-telefono de contacto e
-nº de lector se xa es usuario/a da biblioteca. Se non é usuario terá  que solicitar o carné.


martes, 11 de febreiro de 2014

Obradoiro para adultos: Iniciación á informática "Síntete cómodo co PC"

Hoxe as 18:00 h continuamoes co obradoiro de informática para adultos coa unidade didáctica 3, Correo Web

 1. CONCEPTOS BÁSICOS

2. CREACIÓN DUNHA CONTA DE CORREO ELECTRÓNICO

3. ESTRUTURA BÁSICA DUN CORREO ELECTRÓNICO

4. ENVIO E RECEPCIÓN DE MENSAXES

5. ACHEGAR UN DOCUMENTO

6. VISITA Á WEB DAS BIBLIOTECAS PÚBLICAS
O martes 11 de febrero de 2014 de 18:00 a 19:30
Duración 90 mn.
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra




xoves, 6 de febreiro de 2014

7 de febreiro, venres: Contos + debuxo: “Mil millóns de vacas”, a cargo de Polo Correo do Vento


Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil da Biblioteca Pública de Pontevedra
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

  





sábado, 1 de febreiro de 2014

Actividades Biblioteca Pública de Pontevedra. Febreiro 2014



7 de febreiro, venres:  Contos + debuxo: “Mil millóns de vacas”, a cargo de Polo Correo do Vento
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

  




14 de febreiro, venres: Contos / Obradoiro “A ciencia é divertida”, a cargo de Ana Romero Porto

Sinopse: Nos primeiros anos de vida movémonos pola curiosidade, xa que todo é novo para nós, por iso é esencial aproveitar todos os momentos para que nenos/as aprendan da forma máis divertida. A ciencia está presente na nosa vida e os nenos /as ainda o están descubrindo. ¡Deixémoslles experimentar!.
Público destinatario: Nen@s de 3 a 6 anos           
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

21 de febreiro, venres (Día Internacional da Lingua Materna): Contos “Contos de sobremesa”, a cargo de Pablo Sánchez Pérez “Os Contos de Pablísimo”

Sinopse:  ¡É incrible a cantidade de historias que caben sobre unha mesa!. Espectáculo de narración oral, teatro de obxectos e bonecos baseado en lendas, fábulas, contos populares e contemporáneos.
Público destinatario: Nen@s  a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

25 de febrero a las 18:30 sería. Obradoiro: COÑECE A TÚA FACTURA DE ELECTRICIDADE E APRENDE A REDUCILA
Publico destinatario: Público en xeral
Lugar: sala de obradoiros
Hora: 18:30
Entrada de balde, ata completar aforo

28 de febreiro, venres: Contos “As dúbidas dos animais”, a cargo de Fátima Fernández

Sinopse:  As dúbidas, os medos, as mentiras non só as teñen os humanos, os animais tamén as sofren. Aprende a superalas con estes contos
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


Apetéceche que che conten un conto? 


Neste mapa poderás atopar os contos da terras dos sentimentos, os contos da terra do rio e do movemento, colinas escondidas da poesía, ou, incluso os  contos  das leiras e  montaña das matemáticas e maila arte... que agardan agochados na vosa biblioteca, atrévete a descubrilos e xuntos completaremolo mapa dos contos, deses que nunca che contaron...

Se tés entre 6 a 9 anos,embarcate con nós, comezamos no mes de febreiro ata o més de abril  o 2º e  4º sábados de cada mes: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 12 e 26 de abril.

Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra


Obradoiro para adultos: Iniciación á informática "Síntete cómodo co PC"

Datas: marte e xoves 4, 6 11 y 13 de febrero de 2014 de 18:00 a 19:30
Duración 90 mn.
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra



*UNIDADE DIDÁCTICA 1: INTRODUCIÓN AO ORDENADOR
*UNIDADE DIDÁCTICA 2: INTERNET
*UNIDADE DIDÁCTICA 3: CORREO WEB
*UNIDADE DIDÁCTICA 4: TRATAMENTO DE TEXTOS E FOLLA DE CÁLCULO



Tardes de conversación en español para extranjeros=Tardes de conversa en español para extanxeiros na Biblioteca Pública de Pontevedra




Si quieres familiarizarte con la lengua e la cultura española de una manera amena y divertida, puedes participar en nuestras "Tardes de conversación en español para extranjeros" enfocadas hacia la comunicación cotidiana para desenvolverse en la vida diaria y coordinadas por nuestra voluntaria Beatriz Araujo. "


Lugar: Sala de talleres de la Biblioteca Pública de Pontevedra.
Fechas: Los viernes desde el 14 de febrero al 16 de mayo.
Horario: de 19:00 a 20:30 h.

Con inscripción previa, a partir do mércores 22 de xaneiro na 3ª planta da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 14 h., no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es ou no teléfono 986 85 08 38



Clubs de lectura Castelán, Galego, Inglés e Portugués


                                                                   Clubs de Lectura

Club de lectura en portugués: 10 e 24 de febreiro
Club de lectura en galego: 10 e 24 de febreiro
Club de lectura en castelán: todo-los mércores
Club de lectura en inglé:; 11 e 25 de febreiro


Novembro 2013 - Maio  2014


Como cada ano, a Biblioteca Pública de Potevedra lanza o seu "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares"



                                  "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura"

Durante todo o ano

Visitas a la Biblitoeca, previa concertación de cita.

PASAPORTE DE LECTURA DAS LETRAS GALEGAS. Do 1 defebriero ata o 15 demaio

Ü 
¿Qué e o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2014”?
É unha actividade dirixida ós usuarios adultos da Biblioteca que ten por obxeto o fomento da lectura en galego.

¿Que teño que facer?
Ler catro libros do centro de interese “Letras Galegas 2014”, que contén unha selección de obras de ou sobre autores homenaxeados nas diferentes edicións do día das letras galegas.

¿Canto dura a actividade?
Dende o 1 de febreiro ata o 15 de maio. 












¿Que fago cando complete o "pasaporte"? 
Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaránse na furna situadano mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maioás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. 

¿Cantos pasaportes podo completar? 
Non hai número limitado de pasaportes.

¿Ler ten premio? 
Sí, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros. 


xoves, 30 de xaneiro de 2014

Obradoiro "Era unha vez... a ilustración". 30 de xaneiro "Día da Ilustración en Galicia"

Obradoiro “Era unha vez... a ilustración”
Xoves 30 de xaneiro
Hora: 12 a 13 h
Público: estudantes de 1º de primaria do CEIP A Laxe 4
Ao cargo de Patricia Rodríguez Saavedra (IMASV)
Desde as primeiras miniaturas dos manuscritos ilustrados ata os audiolibros e as técnicas máis novidosas. Esta é a viaxe que realizarán a través da evolución da ilustración os nenos e nenas que participen neste obradoiro da biblioteca pontevedresa Antonio Odriozola.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

Xoves 30 de xaneiro. Faladoiro “A ilustración gráfica hoxe en Galicia”




Con Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.
Modera: Henrique Torreiro

Xoves 30 de xaneiro
Hora: 18.30 h
Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra
Para todos os públicos

De forma distendida e achegada ao público xeral, o faladoiro centrarase no traballo dos profesionais da ilustración, nos retos aos que se enfrontan na actualidade e nas perspectivas de futuro que se abriron nos últimos anos, cun progresivo recoñecemento social da importancia cultural do visual en xeral e da ilustración en particular.
Henrique Torreiro modera este faladoiro, no que participarán en diálogo os ilustradores Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.

Marina Seoane (Madrid, 1957). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Madrid, ten colaborado con máis de corenta editoriais, estudios de deseño e organismos oficiais. Ten ilustrado arredor de douscentos cincuenta libros e é autora de cinco contos. Varios dos seus libros obtiveron premios e mencións, como do Ministerio de Cultura, da Lista de Honra do CCEI ou da White Ravens. Autora de varios carteis de animación á lectura, realizou once exposicións individuais e participou en numerosas colectivas. Foi directora artística da editorial Edimáter. Actualmente é a presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI). 5

Almudena Aparicio (Vigo, 1978). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, ten traballado desde 2004 como ilustradora de libros de texto, didácticos e de literatura infantil. É, ademais, coautora do manual Técnicas de paquetería. Guía práctica para hacer más atractivos sus embalajes (Ideaspropias, 2005). O ano pasado gañou o Plum Pudding Award, convocado pola axencia de ilustradores británica Plum Pudding e a editorial Egmont, no IlustraTour 2013 (Valladolid).

Manuel Uhía (Portonovo, 1944). Estudou pintura na Real Academia de San Fernando e no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Como ilustrador, foi seleccionado en tres ocasións na Bienal de Bratislava (1993, 1995 e 1999). En 1997 formou parte da lista de honra do Premio CCEI. No 2000 foi seleccionado polo Ministerio de Cultura para a exposición A todo color. En 2009, obtivo a distinción White Ravens polo libro Cactus del desierto, escrito por Roberto Aliaga.

Henrique Torreiro (Ourense, 1972). Organizador das Xornadas de Banda Deseñada de Ourense entre 1992 e 2010, é socio fundador de varias empresas de xestión cultural e editorial. Foi xerente da FADIP (Federación de Asociaciones de Ilustradores Profesionales) e coordinador do Observatorio da Ilustración Gráfica. Na actualidade é secretario técnico da AGPI.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...