mércores, 5 de outubro de 2016

Actividades outubro 2016. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

01 de setembro-08 de outubro. II Certame de Relato Curto

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o terceiro certame de relato curto, co obxectivo de fomentar a creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.
Bases do certame


9 setembro-15 outubro.  "Roald Dahl 100" Centro de interese volta ao cole sobre Roald Dahl. 

Celebramos o 100 aniversario do nacemento de Roald Dahl con Matilda, Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas, A Marabillosa medicina de George... e outras moitas historias de Rald Dalhl.

Público destinatario: Público infantil y familiar
Lugar: Salla Infantil 
Hoario: luns a venres de 16:00 a 21:00 h,. e sábados de 10:00 a 14:00 h

Lévache unha das súas obras en préstamo!









29 de setembro-8 outubro. Centro de Interese  sobre Antonio Buero Vallejo

Celebramos o 100 aniversario do nacemento de Antonio Buero Vallejo cunha selección da súa obra Historia de un escalera, la fundación, Jueces en la noche...

Lugar: Sala de préstamo
Horario: luns a venres de 09:00 a 21:00 h,. e sábados de 10:00 a 14:00 h
Lévache unha das súas obras en préstamo!







05-28 de outubro. O camiño a Santiago. Ano xubilar 2016 (Mostra Bibliográfica)


Público destinatario: Xeral
Lugar: Sala de exposcións  do 5 ao 28 de outubro
Hora: de luns a venres de 09:00 a 21:00 h / sábados de 10:00 a 14:00 h
Entrada de balde













7 de outubro, venres: Sesión de contos: “Canto conto”, a cargo de Expresión Producións (Manuel Solla)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Salón de actos
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo













14 de outubro, venres: Sesión de contos: “deGUSTANDO contos de outono”, a cargo de Bea Campos (Migallas)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo














21 de outubro, venres: Sesión de contos “Paxariños”, a cargo de Trinketrinke Teatro (Especial “Día da biblioteca, 24 de outubro)

Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo











28 de outubro, venres: Contos para bebés “Contos de ida e volta”, a cargo de Charo Pita
Público destinatario: Bebés (0-3 anos).

Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 17 de outubro, luns, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (886 15 92 50) de 9 a 20:30 h.
As invitaciones recolleranse na planta baixa (Información)
25 bebés (1 adulto por cada bebé)
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00



xoves, 29 de setembro de 2016

Programa de Formación de Usuarios e Animación a Lectura para Centros Escolares 2016-2017

 "Programa de Formación de Usuarios e Animación á Lectura para Centros Escolares" 2016-2017  da Biblioteca Pública de Pontevedra




¿Que Centros escolares poden asistir? Centros de Infantil e Primaria de Pontevedra e a súa provincia.
¿Cando ten lugar? As sesións terán lugar os mércores dende novembro ata maio e a súa duración é aproximadamente de 60 minutos
¿Cantas sesións ofrecemos? Cada mércores ofertaranse dúas sesións  para nen@s de infantil e primaria.

            * A primeira delas de 10:00 a 11:00 horas 
            * A segunda delas de  11:15 a 12:15 horas

¿Cantas sesións pódense reservar? Cada centro escolar poderá reservar ata un máximo de 4 sesións
¿Cal é  o número recomendado de participantes por sesión?  30 alumnos.

Con inscripción previa, a partir do luns 3 de outubro

            *por teléfono 886 159 249 ou
            *na biblioteca de 9 a 14 h. 

mércores, 28 de setembro de 2016

Venres 30 de setembro. Performance Poética: Soufflé Eléctrico

"Performance Poética: Soufflé Eléctrico". Poesia, microteatro e música 

Textos de Tael Cae, David Otero e Alberto VidalMúsica de Alfredo Löb e David Otero

Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra
Hora:19:30 h



venres, 16 de setembro de 2016

"Sábados de conversa en español para extranxeiros" na Biblioteca Pública de Pontevedra

Se queres familiarizarte coa lingua e a cultura española dun xeito ameno e divertida, podes participarnos nosos  "Sábados de conversación en español para extranjeros=Sábados de conversa en español para extranxeiros" enfocadas cara á comunicación cotiá para desenvolverse na vida diaria e coordinadas pola nosa voluntaria Beatriz Araujo.

Sábados alternos de  outubro 2016- maio 2017, de 12:00 a 13:00 h.





Con inscripción previa, a partir do 19 de setembro en Información na hall de entrada da Biblioteca Pública de Pontevedra de 9 a 21 h., no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es ou  no  teléfono 886 159 250.

Confirmación da inscripción  tras   entrevista  dos asistentes preseleccionados coa cordinadora do obradoiro.

luns, 12 de setembro de 2016

Actividades Setembro 2016. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

01 de Stembro  - 08 de Outubro. II Certame de Relato Curto



A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o terceiro
certame de relato curto, co obxectivo de fomentar a creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir comocanle de difusión de novos valores.
As veces xogando todo parece máis sinxelo e divertido, para usar o penico Nano montará un circo

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.

01- 14 de Setembro. Exposición sobre a vida e a obra do autor homenaxeado coas Letras Galegas 2016

Mostra divulgativa que nos achega de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016, o poeta chairego Manuel María.
Programada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Manuel María, a mostra percorrerá diferentes localidades de Galicia ao longo de 2016.







16 de Setembro, 18:00. Contos para bebés
Nano está medrando moi apresa, xa sabe facer moitas cousas el só, pero non quere deixar de usar o cueiro...
Con inscrición previa a partir do luns 5 de setembro, na biblioteca, na planta baixa (información) ou por teléfono 886 159 250 de 9:00 a 20:30h.
25 bebés, que poderán ir acompañados dun adulto por cada un.
Para bebés de 1 a 3 anos








23 de Setembro, 18:00. Sesión de narración oral
Sesión de contacontos a cargo de Bea Campos da compañia Migallas ás 18 h na sala de obradoiros



30 de Setembro, 18:00. Sesión de Contos + Debuxo



Sesión de contos máis obradoiro de debuxo a cargo de Polo Correo do Vento.

Na sala de obradoiros da biblioteca.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.



luns, 29 de agosto de 2016

CLUBS DE LECTURA (OUTUBRO 2016 / XUÑO 2017)

A Biblioteca Pública de Pontevedra pon en marcha A  NOVA ETAPA DOS  CLUBS DE LECTURA .

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector
 
CLUBS LECTURA  
- GALEGO :  Xoves  alternos de 19:00 a 20:00 h
- INGLÉS :  Martes  alternos  de 19:45 a 20:45 h
- PORTUGUÉS:  Luns  alternos de 18:00 a 19:00 h
- CASTELLANO: Todos os mércores de  17:00 a 18:00 h
 
As inscricións a partir do 14 de setembro, mércores, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (886 15 92 50)  de 9:00 a 20:30 h.

venres, 26 de agosto de 2016

III CERTAME DE RELATO CURTO BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA ANTONIO ODIOZOLA


                                            

 

III CERTAME DE RELATO CURTO

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o terceiro certame de relato curto, que se rexe polas seguintes bases:

 

PRIMEIRA. Obxectivo

O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

 

SEGUNDA. Participantes

Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.

 

TERCEIRA. Tema

O tema será libre.

 

CUARTA. Criterios de valoración

• Orixinalidade no tratamento da temática elixida e no emprego de técnicas e figuras literarias.
• Uso correcto da gramática e da ortografía.

 

 

QUINTA. Condicións de presentación das obras

 

Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)

O idioma elixido pode ser o galego ou o castelán.

A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e entreliñado de 1,5. 

 

SEXTA. Presentación de orixinais

Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:

• Depositándoos no lugar habilitado no mostrador de préstamo do segundo andar da Biblioteca. O relato presentarase sen asinar e cun pseudónimo, introducirase nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir "III Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo" e no seu interior, ademais da obra, incluirá outro sobre pechado co Anexo Icumprimentado.

 

• Enviándoos á Biblioteca por correo ordinario nun sobre sen remitente no que conste "III Concurso de Relato Breve da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo". Nel incluirase o relato breve e outro sobre pechado co Anexo Icumprimentado.

 

SÉTIMA. Prazo de admisión

O prazo de inscrición no certame vai dende o día 1 de setembro ata o 8 de outubro de 2016. Fóra desas datas non se aceptará ningunha obra.

 

OITAVA. Dereitos de autor

A propiedade intelectual das obras é dos autores. Non obstante, os autores das obras presentadas dan o seu consentimento e autorización á Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola da cesión de dereitos de reprodución, distribución, difusión, exposición e comunicación pública, sen ánimo de lucro, a través dos medios e soportes que estime axeitados, para os períodos e limitacións que a lexislación actual española establece, sempre que se mencione a autoría das mesmas e sen que comporte ningún abono de dereitos aos autores nin derive, en ningún caso, beneficios económicos a favor da biblioteca.

As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.

Cada titular garante ser o titular dos dereitos sobre a obra presentada, polo que exime á biblioteca de calquera reclamación ao respecto.

 

NOVENA. Premios:

1º premio: lote de libros.

2º premio: lote de libros.

3º premio: lote de libros.

Ademais os tres traballos serán difundidos pola Biblioteca.

 

DÉCIMA. Xurado:

Presidenta: A Directora da Biblioteca.

Vogais: un técnico da Biblioteca e un profesional da literatura ou do mundo libreiro.

Secretario: un usuari@ da Biblioteca.

O veredicto do xurado será inapelable, podendo declarar deserto calquera premio se considera que as obras presentadas non teñen a calidade artística e o contido necesarios.

Os aspectos non previstos nesta convocatoria serán resoltos pola Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola como organizadora deste certame e, na súa competencia, polo xurado do certame.

 

UNDÉCIMA. Resolución e entrega de premios:

A resolución do xurado farase pública o luns 24 de outubro, día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da Biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.

Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) serán promocionados pola Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola a través da súa web, das redes sociais e do portal da Rede de Bibliotecas de Galicia, así como na propia biblioteca.

 

DUODÉCIMA. Devolución de orixinais

Os traballos presentados quedarán en poder da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, que non devolverá aos seus autores os orixinais presentados nin manterá correspondencia cos participantes.

 

DÉCIMO TERCEIRA. Aceptación das bases

A participación no III Certame de Relato Curto implica a plena aceptación do contido destas bases e as cuestión non previstas nas mesmas serán resoltas pola organización.

 

DÉCIMO CUARTA. Datos de carácter persoal

En cumprimento coa normativa vixente de protección de datos, requírese que os participantes cubran o Anexo II adxunto a estas bases.

 

DÉCIMO QUINTA. Información

Para calquera dúbida que xurda na interpretación das bases pódesecontactar coa Biblioteca Pública Antonio Odriozola no mailbiblio.publica.pontevedra@xunta.gal ou nos teléfonos 8866159250 e 886159245.

 

 

ANEXO I

 

 

III Certame de relato curto

 

 

 

 

 

Título do relato

 

 

 

Nome do autor/a

 

Nº DNI

 

Enderezo

 

Localidade

 

CP

 

Provincia

 

Correo Electrónico

 

Telf.:

 

 

 

 

 

 

 

Autorización

 

ANEXO II

 

 

 

 

CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE

 

Eu D./Dna__________________________________________________________________ con DNI ______________________ e domicilio na ______________________________________ , localidadede _________________________, AUTORIZO á Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola” a utilizar a obra obxecto de participación no III Certame de Relato Curto, para a súa utilización e difusión en calquera soporte publicitario físico ou dixital (páxina web, redes sociais, e-mail, entre outros), segundo o establecido na base oitava do III Certame de Relato Curto.

Informamos ademais que os datos solicitados non serán utilizados para ningunha outra finalidade a parte da xa mencionada. No caso do exercicio de cancelación a Biblioteca Pública procederá á supresión da información dos servidores aínda que non poida garantir a cancelación de buscadores pola indexación da información nos mesmos.

PROTECIÓN DE DATOS

De conformidade coa Lei 15/1999 de Protección de Datos Persoais informáselle que os datos persoais recollidos nesta folla serán incorporados a un ficheiro, titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de levar a cabo a xestión e o control dos servizos de consulta, reproducións e préstamo dos fondos da biblioteca. A Consellería  de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten adoptadas tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas, non cederá os seus datos persoais a terceiros, salvo que exista a habilitación legal oportuna.

O interesado, así como o seu representante legal, poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e achegando identificación suficiente ao seguinte enderezo:

Biblioteca Pública de Pontevedra – r/ Alfonso,XIII, 3 - 36002 - Pontevedra - Tlf886 159 250 - Fax 886 159 253

 

www.bibliotecas.xunta.gal/pontevedra - biblio.publica.pontevedra@xunta.gal

 

Pontevedra, _________ de ________________________de 201__

 

 

 

 

 

Sinatura:

         

5

III Certame de Relato Curto. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...