mércores, 13 de setembro de 2017

Ata sempre Xohana Torres!



 En 1931 en Santiago de Compostela naceu unha escritora fundamental na literatura galega, Xohana Torres Fernández, que viviu a súa infancia en Ferrol.

EstudouFilosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e en 1958 recibiu o primeiro Premio de Prensa de Vigo. Publicou dende ben cedo en revistas como Aturuxo, Vida Gallega ou Vieiros. 

Tras rematar a carreira trasladouse a Vigo onde dirixiu un programa de radio na emisora La Voz de Vigo, "Raíz e Tempo", o primeiro programa cultural en lingua galega tras a guerra civil.

Escribiu entón as súas primeiras obras de teatro. Unha delas, Un hotel de primeira sobre o río, conseguiu o Premio Castelao de teatro en 1966. 

En 1971 publicou Adiós, María, a novela coa que gañou o Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires. Seguiron diferentes obras e premios como o Pedrón de Ouro ou o Premio á Creación Feminina da Xunta de Galicia.

Outras obras que teñen que ser lembradas son: San Andrés de Lonxe, mitos e ritos; Do sulco; Polo mar van as sardiñas; Estacións ao mar ou Pericles e a balea.  
 

 







 

venres, 1 de setembro de 2017

IV Certame de Relato Curto







A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o cuarto certame de relato curto, que ten por obxectivo o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.

Poderán presentar os seus traballos todas as persoas maiores de 16 anos e o tema será libre. O único requisito é que estea contextualizado na Galicia rural.

Cada participante presentará un único relato, que deberá ser orixinal e inédito. O idioma elixido pode ser o galego ou o castelán.

A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e entreliñado 1,5.  

O prazo de inscrición no certame vai dende o día 1 de setembro ata o 10 de outubro de 2017. 

Os premios son:
1º premio: Vale de compra por valor de 120 euros na librería Cronopios .
2º premio: Vale de compra por valor de 60 euros na librería Cronopios.
3º premio: Vale de compra por valor de 30 euros na librería Cronopios.
Ademais os tres traballos serán difundidos pola Biblioteca.

Para máis información poden consultar as bases na propia biblioteca ou no seguinte enlace de Calameo:
                                        

Volvemos ao horario habitual!



Hoxe 1 de setembro a Biblioteca volve a abrir as súas portas no horario habitual.

De luns a venres de 9:00 a 21:00.
Sábados de 10:00 a 14:00

Sala infantil:
De luns a venres de 16:00 a 21:00
Sábados de 10:00 a 14:00

O servizo de préstamo pecha 10 minutos antes do cerre da biblioteca


 

 

luns, 28 de agosto de 2017

Un verán épico

A Biblioteca de Pontevedra celebra máis épico dos últimos anos. Para iso, na sala infantil reúne nun centro de interés libros infantís de dragóns, trolls, fadas, ogros e demáis seres míticos.
O dragón Maeloc davos a benvida a un mundo de fantasía no que vivir extraordinarias aventuras da man dos libros seleccionados.
E no salón do trono poderás sentarte e pór a coroa para sacar unha fotografía.
Ata o 30 de setembro.










venres, 4 de agosto de 2017

As embarcacións tradicionais en Galicia



Mostra organizada pola Biblioteca Pública de Pontevedra na sala de exposicións dende o 1 de agosto ata o 20 de setembro de 2017.
Partindo da exposición "Pequena guía de embarcacións tradicionais" cedida por Culturmar (Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial), faise un percorrido pola cultura mariñeira galega. Pódense ver dende libros propios da Biblioteca ou aparellos vinculados co mar e asúa cultura até unha importante selección de fotografías ou mesmo unha dorna.








venres, 12 de maio de 2017

ACTIVIDADES “LETRAS GALEGAS 2017”


DÍA
ACTIVIDADE
CONTIDO
DESTINATARIOS
Do 17 de febreiro ao 16 de maio

18:00 h.
“Pasaporte de lectura das Letras Galegas”




Organízase un centro de interese-xincana de lectura. Este ano leva por título: “Literatura galega escrita por mulleres”.
Os usuarios teñen que ir completando os pasaportes cos seus selos correspondentes que se depositarán nunha furna no mostrador da sala de préstamo.
Posteriormente fa un sorteo público entre os pasaportes recibidos e se sortearán tres lotes de libros.
Adultos
19 de maio, venres


18,00 h.
“Pasaporte de lectura das Letras Galegas”






Sorteo público entre os participantes na actividade “Pasaporte de lectura”, celebrado entre o 17 de febreiro e o 16 de maio na Biblioteca Pública de Pontevedra con motivo do Día das Letras Galegas 2017. Entrega dos tres lotes de libros aos afortunados.



Adultos

Do 8 ao 31 de maio




Centro de interese “Deixa que agrome” na sala infantil








Selección de libros de Carlos Casares e de literatura en lingua galega de autores galegos
Infantil
12 de maio, venres

18,00 h.
Contaconto “Contos na mesiña de noite”
Sesión de contos para nen@s a partir de 3 anos, a cargo de Bea Campos (Migallas).
Sala infantil
Nen@s a partir de 3 anos
19 de maio, venres

18,00 h.
Contaconto “Os xoguetes de Clío”: unha homenaxe a Carlos Casares
Sesión de contos + obradoiro de debuxo para nen@s a partir de 3 anos, a cargo e Polo Correo do Vento.
Sala de obradoiros
Nen@s a partir de 3 anos




Do 15 ao 31de maio
Mostra bibliográfica e centro de interese “Día das Letras Galegas 2017” sobre Carlos Casares
Mostra bibliográfica sobre a vida e obra de Carlos Casares, así como todos os traballos que sobre o autor albergan os fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra
Adultos

martes, 2 de maio de 2017

Presentación do libro: “El llano circular”, a cargodo autor pontevedrés Marcus Daniel Cabada

5 de maio, venres: Presentación do libro: “El llano circular”, a cargo de su autor, Marcus Daniel Cabada

 


Público destinatario: Para todos os públicos
Lugar: Salón de actos
Hora: 19:00
Entrada de balde, ata completar aforo

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...