martes, 18 de setembro de 2018

CLUBS DE LECTURA 2018-2019


Os clubs de lectura son reunións periódicas dun grupo estable de persoas para comentar unha mesma lectura, que presta a biblioteca e que len antes da reunión. 


  • O período de inscricións nos clubs de lectura da Biblioteca de Pontevedra abrirase o mércores 26 de setembro ás 9.00 h. da mañá 

  • A inscrición será presencial no mostrador de recepción da biblioteca (planta baixa) 

  • Cada persoa que acuda poderá apuntar nun club a un máximo de dúas persoas (contándose a ela mesma) 

  • Só está permitido apuntarse a un único club, pero será posible apuntarse como “reservas” noutro/s clubs 

  • Se unha persoa falta a máis de 3 reunións sen xustificación algunha, daráselle de baixa no club 

  • Para formar parte do club é preciso contar co carné da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Para facer a inscrición non é necesario, sí que hai que facelo antes de que empecen as reunións. 

  • O nº de prazas por cada club é de 20

********************************************************************

CLUBS DE LECTURA 2018-2019:

Club de inglés: luns alternos a partir do 8 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club temático 2018-2019 “Voz de muller”*:  martes alternos a partir do 9 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

Club de castelán: todos os mércores a partir do 10 de outubro de 17.00 a 18.00 h.

Club de galego: xoves alternos a partir do día 11 de outubro de 19.00 a 20.00 h.

            *********************************************************************

*O Club temático é unha nova proposta da Biblioteca de Pontevedra que non xira arredor dunha lingua, senón dun tema determinado. As lecturas deste club poden ser en galego ou en castelán. O tema elixido para esta tempada é a literatura escrita por mulleres.




luns, 17 de setembro de 2018

V CERTAME DE RELATO CURTO





A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o quinto certame de relato curto, que se rexe polas seguintes bases:


PRIMEIRA. Obxectivo
O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.


SEGUNDA. Participantes
Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.


TERCEIRA. Tema
O tema será o mar, podendo escoller un mar que sexa o protagonista ou que sirva de contextualización do relato.


CUARTA. Criterios de valoración
  • Orixinalidade no tratamento da temática elixida e no emprego de técnicas e figuras literarias.
  • Uso correcto da gramática e da ortografía.

QUINTA. Condicións de presentación das obras

Cada participante presentará un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)
O idioma elixido pode ser o galego ou o castelán.
A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e entreliñado de 1,5.


SEXTA. Presentación de orixinais
Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:
  • Depositándoos no lugar habilitado no mostrador de préstamo do segundo andar da Biblioteca. O relato presentarase sen asinar e cun pseudónimo, introducirase nun sobre pechado. No exterior do mesmo o participante deberá escribir "V Concurso de Relato Curto da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo" e no seu interior, ademais da obra, incluirá outro sobre pechado cos Anexos I e II cumprimentados.
  • Enviándoos á Biblioteca por correo ordinario nun sobre sen remitente no que conste "V Concurso de Relato Curto da Biblioteca Pública de Pontevedra + o pseudónimo". Nel incluirase o relato e outro sobre pechado cos Anexos I e II cumprimentados.


SÉTIMA. Prazo de admisión
O prazo de inscrición no certame vai dende o día 18 de setembro ata o 18 de outubro de 2018. Fóra desas datas non se aceptará ningunha obra.


OITAVA. Dereitos de autor
A propiedade intelectual das obras é dos autores. Non obstante, os autores das obras presentadas dan o seu consentimento e autorización á Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola da cesión de dereitos de reprodución, distribución, difusión, exposición e comunicación pública, sen ánimo de lucro, a través dos medios e soportes que estime axeitados, para os períodos e limitacións que a lexislación actual española establece, sempre que se mencione a autoría das mesmas e sen que comporte ningún abono de dereitos aos autores nin derive, en ningún caso, beneficios económicos a favor da biblioteca.
As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.
Cada titular garante ser o titular dos dereitos sobre a obra presentada, polo que exime á biblioteca de calquera reclamación ao respecto.


NOVENA. Premios:
1º premio: Vale de compra por valor de 120 euros na librería Cronopios .
2º premio: Vale de compra por valor de 60 euros na librería Cronopios.
3º premio: Vale de compra por valor de 30 euros na librería Cronopios.
Ademais os tres traballos serán difundidos pola Biblioteca.


DÉCIMA. Xurado:
Presidenta: A Directora da Biblioteca.
Vogais: un técnico da Biblioteca e un profesional da literatura ou do mundo libreiro.
Secretario: un usuari@ da Biblioteca.
O veredicto do xurado será inapelable, podendo declarar deserto calquera premio se considera que as obras presentadas non teñen a calidade artística e o contido necesarios.
Os aspectos non previstos nesta convocatoria serán resoltos pola Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola como organizadora deste certame e, na súa competencia, polo xurado do certame.


UNDÉCIMA. Resolución e entrega de premios:
A resolución do xurado farase pública o mércores 24 de outubro, día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da Biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.
Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) serán promocionados pola Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola a través da súa web, das redes sociais e do portal da Rede de Bibliotecas de Galicia, así como na propia biblioteca.


DUODÉCIMA. Devolución de orixinais
Os traballos presentados quedarán en poder da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, que non devolverá aos seus autores os orixinais presentados nin manterá correspondencia cos participantes.


DÉCIMO TERCEIRA. Aceptación das bases
A participación no V Certame de Relato Curto implica a plena aceptación do contido destas bases e as cuestións non previstas nas mesmas serán resoltas pola organización.


DÉCIMO CUARTA. Datos de carácter persoal
En cumprimento coa normativa vixente de protección de datos, requírese que os participantes cubran o Anexo II adxunto a estas bases.


DÉCIMO QUINTA. Información
Para calquera dúbida que xurda na interpretación das bases pódese contactar coa Biblioteca Pública Antonio Odriozola no mail biblio.publica.pontevedra@xunta.gal ou nos teléfonos 8866159250 e 886159245.


Anexos dispoñibles en:  https://es.calameo.com/read/002648102ed998bfa6476






venres, 7 de setembro de 2018

Actividades infantís de setembro








  • 21 de setembro, venres: Sesión de contos: Colorín colorado, ó cole vou encantado”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00 h
Entrada de balde, ata completar aforo





  • 28 de setembro, venres: Espectáculo de maxia Volta ao cole con moita maxia, a cargo da maga Leo Leíño


Público destinatario: Público familiar

Lugar: Salón de actos

Hora: 18:30 h

Entrada de balde, ata completar aforo


xoves, 6 de setembro de 2018

Un verán fantástico


Este verán tivemos un verán fantástico na sala infantil da biblioteca.

Acompañáronnos unha gran cantidade de contos sobre princesas e príncipes, dragóns, fadas, castelos e demáis.




















mércores, 4 de xullo de 2018

Horario de verán

Nos meses de xullo e agosto o horario da biblioteca será:

De luns a venres de 8.30 a 14.30 h.
Sala infantil de 9.00 a 14.30 h.


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...