luns, 21 de xaneiro de 2019

Biblioterapia. Lecturas saudables




A Biblioteca Pública de Pontevedra contará en breve cunha sección de Biblioterapia.



Lecturas terapéuticas 
A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ​pon a disposición de todos os galegos e as galegas o proxecto Biblioterapia, lecturas saudables co obxectivo de axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar a través da lectura.
Trátase dunha lista de libros coidadosamente seleccionada, avaliada e validada por expertos tanto do eido sanitario como do literario-lector que pode ser empregada como apoio ou como complemento no seu tratamento, en grupos de lectura ou directamente polas persoas interesadas.

A idea inicial de poñer en marcha un proxecto de biblioterapia xurdiu durante unha colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso dos libros con fins terapéuticos e na súa implementación. Para desenvolver o proxecto formouse un grupo de traballo con experiencia na materia. Nel integrouse a todos os axentes implicados, dende os profesionais do Servizo Galego de Saúde ata persoas con experiencia en grupos de lectura, profesionais de Bibliosaúde e da Rede de bibliotecas públicas de Galicia. O seu traballo, que se prolongou durante un ano, foi imprescindible para conseguir unha listaxe de libros avaliada e consensuada dende unha tripla perspectiva: clínica, literaria e lectora.

Que é?
A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a elas principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental.

Para qué serve?
Ter acceso aos libros recomendados pode axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.

O proxecto galego:
  • Promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Consellería de Cultura e Turismo, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiación de Lundbeck.
  • Proxecto baseado na evidencia científica e cocreado con pacientes e expertos.
  • 142 libros recomendados por profesionais da saúde mental, expertos en literatura e pacientes.

Quén pode beneficiarse da autoaxuda guiada?
En xeral, os libros de autoaxuda incluídos no proxecto poden ser unha opción apropiada para grande parte das persoas que consultan aos profesionais de atención primaria ou atención especializada por algún problema psicolóxico. As lecturas deben seleccionarse coidadosamente tendo en conta o nivel de dificultade do libro, así como a motivación da persoa para participar nunha actividade destas características e traballar de forma autónoma no seu problema de saúde co seguimento dos profesionais.
Así, poden beneficiarse das lecturas de autoaxuda persoas de diferentes idades (tanto nenos/as como adultos/as) que experimenten situacións de malestar emocional ou trastornos mentais en grao leve ou moderado. Tamén persoas con problemas máis serveros, sempre como un complemento dos tratamentos. Ademais, estes libros poden serlle útiles a familiares e achegados, así como a persoas interesadas en ter un maior coñecemento sobre os trastornos mentais e o benestar psicolóxico.
No apartado documentos e ligazóns atoparás unha guía do proxecto, a listaxe de lecturas recomendadas e unha infografía onde se explica dun xeito breve e moi didáctico en qué consiste o proxecto.


martes, 15 de xaneiro de 2019

Actividades infantís de xaneiro



  • Venres 11:  Contos para bebés Os contos do chupete, a cargo de Bea Campos (Migallas)
Sinopse: Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos nesta proposta para bebés na que gozar en familia.
Público destinatario: Bebés (0-3 anos).
Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 7 de xaneiro, luns, por teléfono 886 15 92 50 ou na biblioteca, na planta baixa (Información), de 9 a 20:30 h.
As invitacións recolleranse na planta baixa (Información)
25 bebés (+ 1 adulto)
Lugar: Sala de obradoiro
Hora: 18:00
Entrada de balde


  • Venres 18: Sesión de contos Raposadas, a cargo de Raquel Queizás

Sinopse: Sesión de narración oral con obxectos e monicreques.
Público destinatario: Público infantil, a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo





  • Venres 25:  Sesión de contos + obradoiro de debuxo: Luís Seoane no Día das Artes Galegas ”, a cargo de Polo Correo do Vento
     
    Especial Día da Ilustración, 30 de xaneiro “Aniversario do nacemento de Castelao”
Público destinatario: Público infantil, a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo

mércores, 19 de decembro de 2018

Concurso de Postais de Nadal 2019

Xa temos os premiados do concurso de postais de Nadal da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola:

Categoría de 0 a 5 anos: Manuel Rodríguez Lois

Categoría de 6 a 8 anos: Sara Allegue Freire

Categoría de 9 a 11 anos: Doaa Jamladi Jamladi

Categoría de 12 a 14 anos: María Pardo Sánchez





A entrega de premios será mañá xoves 20 ás 18:30 h. e contaremos coa presencia do ilustrador e escritor pontevedrés Carlos Taboada, que forma parte do xurado.



mércores, 21 de novembro de 2018

Tolos polos inventos

Con motivo co mes da ciencia nas bibliotecas en galego, en novembro de 2018 organizouse na biblioteca unha mostra bibliográfica sobre inventos e dous centros de inetrese, un en adulto e outro en infantil con libros para levar en préstamo dunha temática similar.




















venres, 16 de novembro de 2018

Concurso infantil de postais de Nadal

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola convoca o Concurso Infantil de Postais de Nadal.



Poden participar todos aqueles nen@s con carné da Rede de Bibliotecas de Galicia, e establécense catro categorías:
A) De 0 a 5 anos
B) De 6 a 8 anos
C) De 9 a 11 anos
D) De 12 a 14 anos

O traballo a presentar será unha postal de Nadal coas seguintes características:
- O tamaño da postal será a metade dun folio pregado.
- Poderase realizar en calquera técnica plástica.

A BIBLIOTECA CONTARÁ CUN ESPAZO MAKER CREATIVO NA SALA INFANTIL PARA QUE OS NENOS E NENAS POIDAN FACER AS SÚAS POSTAIS

Os traballos presentaranse nun sobre pechado na entrada da biblioteca, en horario de luns a venres de 9.00 a 20.45 h., e os sábados de 10.00 a 13.45 h., ou por correo postal (R/ Alfonso XIII, 3. 36002 Pontevedra). 

No sobre non pode figurar a identidade do autor. Dentro irán a postal e un sobre pequeno pechado con:
- A solicitude cos datos do participante. (Descargar aquí)
- Autorización do pai / nai ou titor para a participación no concurso e a cesión do traballo á biblioteca (Descargar aquí)

O prazo de presentación será do 16 de novembro ao 15 de decembro.

Os premios serán  un pack creativo para cada un dos catro gañadores.

Unha selección dos mesmos expoñeranse na biblioteca e felicitaremos o Nadal cun dos catro traballos premiados.

Para calquera dúbida: biblio.publica.pontevedra@xunta.gal ou 886 159 250 / 886 159 245.






xoves, 15 de novembro de 2018

Hoxe recomendamos... "Iridium" de Francisco Castro


Iris é unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato, unha rapaza que quere vivir disfritando de cada momento. Está considereda una raíña de Instagram, onde ten milleiros de seguidores. O que non saben estes siareiros é que Iris ten unha discapacidade froito dun accidente de tráfico. O que non saben os siareiros son todas as dificultades porlas que Iris pasa cada día. 


Esta novela xuvenil do escritor vigués Francisco Castro é unha denuncia da hipocrisía que vivimos na sociedade, pero é tamen unha novela de amor, porque Iris sente, sobre, goza, ri e chora coma calquera.

mércores, 7 de novembro de 2018

Programación para novembro: Mes da ciencia en galego nas bibliotecas

  • "Miúdos inventos!" 

    Mostra bibliográfica na sala de exposicións da biblioteca, para todas as idades. Do 9 ó 30 de novembro.


  • "Tolos polos inventos" 

    Centro de interese na sala infantil cunha selección de títulos sobre inventos e inventores para levar en préstamo. Do 9 ó 30 de novembro.


  • "Inventores que cambiaron o mundo" 

    Centro de interese no segundo andar cunha selección de títulos sobre inventos e inventores para levar en préstamo. Do 9 ó 30 de novembro. 

     

  • 9 de novembro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: Ángela Ruiz Robles, precursora do libro electrónico”, a cargo de Polo Correo do Vento

     



Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos



Lugar: Sala de obradoiros


Hora: 18:00



Entrada de balde, ata completar aforo


  • 16 de novembro, venres: Sesión de contos: Cuentíficos”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)


Sinopse: Contacontos en inglés...moita ciencia e diversión



Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo



  • 23 de novembro, venres: Sesión de contos: “Os contos da cesta de carapuchiña”, a cargo de Bea Campos (Migallas)




Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 30 de novembro, venres: Obradoiro de ciencia Diverciencia: obradoiro de experimentos”, a cargo Anias



Sinopse: Obradoiro para achegar a ciencia aos nenos a través do descubrimento.

Público destinatario: Nen@s de 6 a 8 anos, e de 9 a 12.

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: De 17:30 a 18:30 (Nen@s de 6 a 8 anos)

De 19:00 a 20:00 (Nen@s de 9 a 12 anos)

Con inscripción previa, a partir do 19 de novembro na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 15 92 50), en horario de 9 a 20:30.

Entrada de balde


Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...