Préstamo de libros, e-books, formación de usuarios, contacontos, obradoiros...
luns, 29 de agosto de 2016
CLUBS DE LECTURA (OUTUBRO 2016 / XUÑO 2017)
venres, 26 de agosto de 2016
III CERTAME DE RELATO CURTO BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA ANTONIO ODIOZOLA
III CERTAME DE RELATO CURTO
A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, co gallo do día das bibliotecas, organiza o terceiro certame de relato curto, que se rexe polas seguintes bases:
PRIMEIRA. Obxectivo
O obxectivo deste concurso é o fomento da creación literaria no ámbito da Biblioteca Pública, e servir como canle de difusión de novos valores.
SEGUNDA. Participantes
Poderán presentar os seus traballos as persoas maiores de 16 anos.
TERCEIRA. Tema
O tema será libre.
CUARTA. Criterios de valoración
QUINTA. Condicións de presentación das obras
Cada participante poderá presentar un único relato. Este deberá ser orixinal e inédito, sen que fose reproducido ou difundido previamente en ningún tipo de soporte ou medio (publicacións escritas, páxinas web, redes sociais, etc.)
O idioma elixido pode ser o galego ou o castelán.
A extensión máxima admitida é de tres páxinas escritas a ordenador con fonte Arial de tamaño 11 e entreliñado de 1,5.
SEXTA. Presentación de orixinais
Os traballos poderán presentarse dun dos seguintes xeitos:
SÉTIMA. Prazo de admisión
O prazo de inscrición no certame vai dende o día 1 de setembro ata o 8 de outubro de 2016. Fóra desas datas non se aceptará ningunha obra.
OITAVA. Dereitos de autor
A propiedade intelectual das obras é dos autores. Non obstante, os autores das obras presentadas dan o seu consentimento e autorización á Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola da cesión de dereitos de reprodución, distribución, difusión, exposición e comunicación pública, sen ánimo de lucro, a través dos medios e soportes que estime axeitados, para os períodos e limitacións que a lexislación actual española establece, sempre que se mencione a autoría das mesmas e sen que comporte ningún abono de dereitos aos autores nin derive, en ningún caso, beneficios económicos a favor da biblioteca.
As obras premiadas pasarán a formar parte do patrimonio da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.
Cada titular garante ser o titular dos dereitos sobre a obra presentada, polo que exime á biblioteca de calquera reclamación ao respecto.
NOVENA. Premios:
1º premio: lote de libros.
2º premio: lote de libros.
3º premio: lote de libros.
Ademais os tres traballos serán difundidos pola Biblioteca.
DÉCIMA. Xurado:
Presidenta: A Directora da Biblioteca.
Vogais: un técnico da Biblioteca e un profesional da literatura ou do mundo libreiro.
Secretario: un usuari@ da Biblioteca.
O veredicto do xurado será inapelable, podendo declarar deserto calquera premio se considera que as obras presentadas non teñen a calidade artística e o contido necesarios.
Os aspectos non previstos nesta convocatoria serán resoltos pola Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola como organizadora deste certame e, na súa competencia, polo xurado do certame.
UNDÉCIMA. Resolución e entrega de premios:
A resolución do xurado farase pública o luns 24 de outubro, día das bibliotecas. A lista cos premiados será exposta no taboleiro de anuncios da segunda planta na Biblioteca e a través da páxina web da Biblioteca. Ademais, comunicaráselles ós gañadores.
Os traballos gañadores (e, no seu caso, aqueles que o xurado considere máis interesantes de entre os non premiados) serán promocionados pola Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola a través da súa web, das redes sociais e do portal da Rede de Bibliotecas de Galicia, así como na propia biblioteca.
DUODÉCIMA. Devolución de orixinais
Os traballos presentados quedarán en poder da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola, que non devolverá aos seus autores os orixinais presentados nin manterá correspondencia cos participantes.
DÉCIMO TERCEIRA. Aceptación das bases
A participación no III Certame de Relato Curto implica a plena aceptación do contido destas bases e as cuestión non previstas nas mesmas serán resoltas pola organización.
DÉCIMO CUARTA. Datos de carácter persoal
En cumprimento coa normativa vixente de protección de datos, requírese que os participantes cubran o Anexo II adxunto a estas bases.
DÉCIMO QUINTA. Información
Para calquera dúbida que xurda na interpretación das bases pódesecontactar coa Biblioteca Pública Antonio Odriozola no mailbiblio.publica.pontevedra@xunta.gal ou nos teléfonos 8866159250 e 886159245.
ANEXO I
III Certame de relato curto
Título do relato |
| |||
Nome do autor/a |
| |||
Nº DNI |
| |||
Enderezo |
| |||
Localidade |
| |||
CP |
| |||
Provincia |
| |||
Correo Electrónico |
| |||
Telf.: |
|
Autorización
ANEXO II
CESIÓN DE DEREITOS DE IMAXE
Eu D./Dna__________________________________________________________________ con DNI ______________________ e domicilio na ______________________________________ , localidadede _________________________, AUTORIZO á Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola” a utilizar a obra obxecto de participación no III Certame de Relato Curto, para a súa utilización e difusión en calquera soporte publicitario físico ou dixital (páxina web, redes sociais, e-mail, entre outros), segundo o establecido na base oitava do III Certame de Relato Curto.
Informamos ademais que os datos solicitados non serán utilizados para ningunha outra finalidade a parte da xa mencionada. No caso do exercicio de cancelación a Biblioteca Pública procederá á supresión da información dos servidores aínda que non poida garantir a cancelación de buscadores pola indexación da información nos mesmos.
PROTECIÓN DE DATOS
De conformidade coa Lei 15/1999 de Protección de Datos Persoais informáselle que os datos persoais recollidos nesta folla serán incorporados a un ficheiro, titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e inscrito na Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de levar a cabo a xestión e o control dos servizos de consulta, reproducións e préstamo dos fondos da biblioteca. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten adoptadas tanto as medidas de seguridade técnicas como organizativas, non cederá os seus datos persoais a terceiros, salvo que exista a habilitación legal oportuna.
O interesado, así como o seu representante legal, poderá exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e achegando identificación suficiente ao seguinte enderezo:
Biblioteca Pública de Pontevedra – r/ Alfonso,XIII, 3 - 36002 - Pontevedra - Tlf. 886 159 250 - Fax 886 159 253
www.bibliotecas.xunta.gal/pontevedra - biblio.publica.pontevedra@xunta.gal
Pontevedra, _________ de ________________________de 201__
Sinatura:
III Certame de Relato Curto. Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
xoves, 16 de xuño de 2016
Conferencia sobre José María Cao Luaces, a cargo de Siro López

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
OBRADOIROS DE VERÁN 2016 XULLO-AGOSTO
Xullo 2016
Máis información na Biblioteca Pública de Pontevedra (r/Alfonso XIII, 3 - 36002 Pontevedra) ou no teléfono 886 159 250
mércores, 15 de xuño de 2016
Exposición: José María Cao Luaces, un galego patriarca da caricatura arxentina.

xoves, 2 de xuño de 2016
Actividades Xuño 2016
Obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra, Yolanda Castaño, Manuel Antonio e Lupe Gómez son algúns dos autores e autoras que están presentes na mostra.
Lugar: Sala de Expisicións da Bibliotec a Pública de Ponrtedra
Hora: De luns a venres de 0900 a 21:00 / Sábados de 1000 a 14:00
3 de xuño, venres: Sesión de contos “Atenea na terra”, a cargo de Raquel Queizás
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de Obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo

Público destinatario: Bebés (0-3 anos) (30 prazas)
Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 30 de maio, luns, na biblioteca, na planta baixa (Información) ou por teléfono (886 15 92 50) de 9:00 a 20:30 h.
As invitaciones recolleranse na planta baixa (Información)
30 bebés, acompañados de dous adultos cada un
Lugar: Sala infantil
Hora: 18:00
Entrada de balde
Cao Luaces do 14 de xuño ao 10 se xullo
Promovida pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, e en colaboración co Club de Prensa de Ferrol, a exposción restá composta por unha mostra das ilustracións caricaturescas creadas polo artista Xose María Cao Luaces (Cervo, 1862 - Buenos Aires, 1918), gran debuxante galego que contribuíu decisivamente a que a ilustración arxentina eclosionase no final do século XIX e comezos do XX.
Lugar: Sala de Expisicións da Bibliotec a Pública de Ponrtedra
Hora: De luns a venres de 0900 a 21:00 / Sábados de 1000 a 14:00
xoves, 26 de maio de 2016
Libros con corazón
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...
-
Tres libros infantís que rompen tópicos de xénero Co gallo do Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novemb...
-
Visita guiada pola biblioteca ás 11:00 h e as 18:30 h Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o ...
-
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...