luns, 25 de febreiro de 2019

Actividades infantís de marzo

  • 1 de marzo, venres: Sesión de contos: Travesías, a cargo de Raquel Queizás

Sinopse: Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños.
Público destinatario: Público infantil a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala

Esta actividade realízase ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.




  • 8 de marzo, venres: Sesión de contos: Elas contan,a cargo de Bea Campos 



Público destinatario: Público infantil partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala
Esta actividade realízase ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.




  • 15 e 16 de marzo, venres e sábado: Obradoiro Stop motion: modelaxe en plastilina, a cargo de Basilisa e Bea

Público destinatario: Público infantil de 8 a 12 anos (15 prazas)
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: venres de 18:00 a 19:30 -- sábado de 11:00 a 12:30
Con inscripción previa, a partir do 4 de marzo, luns, na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 15 92 50), en horario de 9 a 20:30.
Entrada de balde



  • 22 de marzo, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: Mulleres galegas, a cargo de Polo Correo do Vento
Público destinatario: Público infantil, a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala
Esta actividade realízase ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.




  • 29 de marzo, venres: Sesión de contos: Iguais e diferentes, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

Público destinatario: Público infantil, a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala
Esta actividade realízase ao amparo do Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Consellería de Cultura e Turismo, para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.



martes, 19 de febreiro de 2019

WPO fácil para acelerar o teu WordPress: Álvaro Fontela

 
Para o  meetup do mes de febreiro da comunidade  WordPress Pontevedra recibiremos a un deses asistentes que xa nos acompañaba cando empezabamos en  Arroelo fai un par de anos… e iso que viña desde Lugo! 
 
 

Venres 22 de febreiro na Biblioteca Pública de Pontevedra. 

Presentación e novidades WordPress.

Ás 18.30 h.  como todos estes meses, farase a presentación do evento e as últimas actualizacións no grupo, e ademais faremos un breve repaso ás novidades de Wordpress e ás noticias das últimas semanas. 

Falaremos de técnicas prácticas de  WPO (Web  Performance  Optimization, optimización do rendemento web) específicas para acelerar e mellorar a velocidade de carga de calquera  WordPress, con probas e algún caso real. Quen non quere que a súa web funcione máis rápido?
Relator: Álvaro  Fontela.

«Consultor  WordPress especializado en  WPO e  co-fundador de  Raiola  Networks, amante do mundo do motor e curioso tecnolóxico por natureza».


Este evento está organizado pola comunidade de  WordPress Pontevedra e grazas á colaboración da Biblioteca Pública de Pontevedra e o patrocinio de  Dinahosting. 

Ao terminar a  meetup xuntarémonos no Dobre  M para tomar un refresco ou unha cana e facer  networking ata que o corpo aguante.


venres, 15 de febreiro de 2019

PASAPORTE DE LECTURA DAS LETRAS GALEGAS


Do 15 de febreiro ata o 15 de maio.



Que é o “Pasaporte de lectura das Letras Galegas 2019”?
É unha actividade dirixida ós usuarios xuvenís e adultos da Biblioteca que ten por obxecto o fomento da lectura en galego.


Que teño que facer?
Ler catro libros en lingua galega das seccións de novela, poesía, teatro, xuvenil ou cómic. Por cada libro que se lea, o persoal da Biblioteca porá un selo nun pasaporte.


Canto dura a actividade?
Dende o 15 de febreiro ata o 15 de maio poderánse levar os libros en préstamo.

Que fago cando complete o "Pasaporte"?
Unha vez completado o pasaporte cos selos correspondentes, depositaranse na caixa situada no mostrador de préstamo na segunda planta da biblioteca. Posteriormente, o día 16 de maio ás 12:00 farase un sorteo público entre os pasaportes recibidos. Non será necesario estar presente para recibir o premio, a Biblioteca contactará cos usuarios gañadores.

Cantos pasaportes podo completar?
Non hai número limitado de pasaportes, pódense ler cantos libros se queiran.


Ler ten premio?
Si, entre os participantes na actividade sortearanse 3 lotes de libros.
 

xoves, 7 de febreiro de 2019

Actividades infantís de febreiro



  • 1 de febreiro: Sesión de contos “Os contos da tía Valisneria”, a cargo de Pavís Pavós


Para crianzas, a partir de 4 anos. Na sala de obradoiros ás 18.00 h.

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 8 de febreiro, venres: Sesión de contos: Contos para contar e soñar, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

Para crianzas, a partir de 3 anos. Na sala de obradoiros ás 18.00 h.

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 15 de febreiro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: O poeta do Miño ”, a cargo de Polo Correo do Vento 
     
Para crianzas, a partir de 3 anos. Na sala de obradoiros ás 18.00 h.

Entrada de balde, ata completar aforo


  • 22 de febreiro, venres, e 23 de febreiro, sábado: Obradoiros de entroido, a cargo Anias

    • Unha maquillaxe de conto: Contacontos e obradoiro de maquillaxe 
      •  Venres 22 de febreiro de18:00 a 19:30
      • Nenos e nenas de 4 a 7 anos (20 prazas)


    • Un Entroido de medo: Obradoiro de caracterización e efectos especiais.
    - Sábado 23 de febreiro de 11:00 a 13:00
    - Nenos e nenas de 8 a 12 anos (16 prazas) 
     
Inscrición previa a partir do luns, 11 de febreiro, na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 15 92 50) en horario de 9 a 20:30 h.
Entrada de balde

luns, 21 de xaneiro de 2019

Biblioterapia. Lecturas saudables




A Biblioteca Pública de Pontevedra contará en breve cunha sección de Biblioterapia.



Lecturas terapéuticas 
A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia ​pon a disposición de todos os galegos e as galegas o proxecto Biblioterapia, lecturas saudables co obxectivo de axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar a través da lectura.
Trátase dunha lista de libros coidadosamente seleccionada, avaliada e validada por expertos tanto do eido sanitario como do literario-lector que pode ser empregada como apoio ou como complemento no seu tratamento, en grupos de lectura ou directamente polas persoas interesadas.

A idea inicial de poñer en marcha un proxecto de biblioterapia xurdiu durante unha colaboración da Consellería de Sanidade con pacientes afectados por depresión e as súas familias. Con este punto de partida, a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS) comezou a traballar na articulación dunha iniciativa para revisar a evidencia científica dispoñible sobre o uso dos libros con fins terapéuticos e na súa implementación. Para desenvolver o proxecto formouse un grupo de traballo con experiencia na materia. Nel integrouse a todos os axentes implicados, dende os profesionais do Servizo Galego de Saúde ata persoas con experiencia en grupos de lectura, profesionais de Bibliosaúde e da Rede de bibliotecas públicas de Galicia. O seu traballo, que se prolongou durante un ano, foi imprescindible para conseguir unha listaxe de libros avaliada e consensuada dende unha tripla perspectiva: clínica, literaria e lectora.

Que é?
A biblioterapia consiste no uso da lectura cun obxectivo terapéutico (libros de autoaxuda) ou de desenvolvemento (novelas). Recórrese a elas principalmente para apoiar o tratamento de trastornos mentais e problemas emocionais e para promover a saúde mental.

Para qué serve?
Ter acceso aos libros recomendados pode axudar a pacientes e familiares a entender mellor e afrontar os problemas de saúde, así como a mellorar o seu benestar.

O proxecto galego:
  • Promovido pola Axencia de Coñecemento en Saúde e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, coa colaboración da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Consellería de Cultura e Turismo, colexios profesionais e sociedades científicas, asociacións de pacientes e expertos en saúde e literatura e a colaboración e financiación de Lundbeck.
  • Proxecto baseado na evidencia científica e cocreado con pacientes e expertos.
  • 142 libros recomendados por profesionais da saúde mental, expertos en literatura e pacientes.

Quén pode beneficiarse da autoaxuda guiada?
En xeral, os libros de autoaxuda incluídos no proxecto poden ser unha opción apropiada para grande parte das persoas que consultan aos profesionais de atención primaria ou atención especializada por algún problema psicolóxico. As lecturas deben seleccionarse coidadosamente tendo en conta o nivel de dificultade do libro, así como a motivación da persoa para participar nunha actividade destas características e traballar de forma autónoma no seu problema de saúde co seguimento dos profesionais.
Así, poden beneficiarse das lecturas de autoaxuda persoas de diferentes idades (tanto nenos/as como adultos/as) que experimenten situacións de malestar emocional ou trastornos mentais en grao leve ou moderado. Tamén persoas con problemas máis serveros, sempre como un complemento dos tratamentos. Ademais, estes libros poden serlle útiles a familiares e achegados, así como a persoas interesadas en ter un maior coñecemento sobre os trastornos mentais e o benestar psicolóxico.
No apartado documentos e ligazóns atoparás unha guía do proxecto, a listaxe de lecturas recomendadas e unha infografía onde se explica dun xeito breve e moi didáctico en qué consiste o proxecto.


martes, 15 de xaneiro de 2019

Actividades infantís de xaneiro



  • Venres 11:  Contos para bebés Os contos do chupete, a cargo de Bea Campos (Migallas)
Sinopse: Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos nesta proposta para bebés na que gozar en familia.
Público destinatario: Bebés (0-3 anos).
Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 7 de xaneiro, luns, por teléfono 886 15 92 50 ou na biblioteca, na planta baixa (Información), de 9 a 20:30 h.
As invitacións recolleranse na planta baixa (Información)
25 bebés (+ 1 adulto)
Lugar: Sala de obradoiro
Hora: 18:00
Entrada de balde


  • Venres 18: Sesión de contos Raposadas, a cargo de Raquel Queizás

Sinopse: Sesión de narración oral con obxectos e monicreques.
Público destinatario: Público infantil, a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo





  • Venres 25:  Sesión de contos + obradoiro de debuxo: Luís Seoane no Día das Artes Galegas ”, a cargo de Polo Correo do Vento
     
    Especial Día da Ilustración, 30 de xaneiro “Aniversario do nacemento de Castelao”
Público destinatario: Público infantil, a partir de 3 anos

Lugar: Sala de obradoiros

Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo

mércores, 19 de decembro de 2018

Concurso de Postais de Nadal 2019

Xa temos os premiados do concurso de postais de Nadal da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola:

Categoría de 0 a 5 anos: Manuel Rodríguez Lois

Categoría de 6 a 8 anos: Sara Allegue Freire

Categoría de 9 a 11 anos: Doaa Jamladi Jamladi

Categoría de 12 a 14 anos: María Pardo Sánchez





A entrega de premios será mañá xoves 20 ás 18:30 h. e contaremos coa presencia do ilustrador e escritor pontevedrés Carlos Taboada, que forma parte do xurado.



Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...