- Guías
- Monografías temáticas
- Audiovisuais ambientados en Galicia
- Novela ambientada en Galicia
Préstamo de libros, e-books, formación de usuarios, contacontos, obradoiros...
venres, 28 de xuño de 2013
Centro de interese "Coñece Galicia"
Podedes atopalo no 2º andar na sala préstamo
Horario de verán na Biblioteca Pública de Pontevedra
xullo e agosto- na Biblioteca Pública de Pontevedra
Luns a venres de 8:30 a 14:30
Infantil de 9:00 a 14:30
o mostrador de préstamo pechará 10 minutos antes
xoves, 27 de xuño de 2013
A
Biblioteca Pública de Pontevedra foi creada en 1848 a partires dos
antigos fondos de varios mosteiros. Pasou polos edificios do
Instituto Provincial, colexio da
Compañía, Palacio Provincial, arquivo de Facenda e o Instituto de Ensinanza Media.
En 1960 trasládase ao Paseo de Colón, compartindo espazo co Arquivo Histórico. En 1988 trasládase en á rúa Alfonso XIII, nº 3, lugar que hoxe ocupa.
Ademais
dos primitivos fondos provintes da Desamortización, a biblioteca foi
incorporando ao longo da súa historia numerosas adquisicións, provintes
de coleccións diversas, conformando o fondo co que conta hoxe.
- Depósitos da colección da Sociedade Arqueolóxica e Colección Sampedro
- Libros en homenaxe a Losada Diéguez
- Biblioteca Muruais (1946), de obras francesas e inglesas sobre literatura e arte, principalmente do século XIX
- Parte da biblioteca das irmáns Mendoza
- Fondos da Biblioteca do profesor Carlos Villar
- Así mesmo, entre os seus fondos antigos, posúe dez incunábeis, vinte manuscritos e 1.849 libros raros dos séculos XVI, XVII e XVIII
Na
actualidade dispón de 145.550 títulos, 2.786
publicacións periódicas e revistas, das que 696 son de actualidade e
13.810 materiais especiais.
A Biblioteca Pública de Pontevedra
Antonio Odriozola forma parte da rede de Bibliotecas de Galicia e tamén
da rede de Bibliotecas Públicas do Estado, coma unha das 51 bibliotecas
que a constitúen. Participa en proxectos
colaborativos de catalogación e actualmente colabora no proxecto Pregunte: a biblioteca responde que da respostas a cuestións plantexadas por usuarios a través de Internet.
No ano 2007 a biblioteca foi centro piloto no programa da Consellería de Cultura e Deporte Bibliotecas ilustradas, que
pretendía anovar a imaxe das bibliotecas galegas, dentro do cal o
ilustrador pontevedrés Kiko Da Silva realizou varios murais na sala do
primeiro andar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Libros con corazón
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...
-
De acuarelas por Pontevedra Un caderno de acuarelas de Eduardo Baamonde para percorreras rúas, as prazas e os recantos de Pontevedra, c...
-
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...
-
A lírica trobadoresca é a primeira manifestación literaria da lingua galega. Johan de Cangas, Meendinho e Martin Codax representan o ...