Publicacións

Mostrando publicacións desta data: March 20, 2014

Centro de Interese "Cociñando Contos"

Imaxe
Do 15 de marzo ao 5 de abril "Cociñando contos na Biblioteca Pública de Pontevedra"

Centro de interés con motivo do XV Salón do Libro Infantil e  Xuvenil de Pontevedra. Do 15 de marzo ao 5 de abril na sala infantil (1º andar) da Biblioteca Pública de Pontevedra. Selección de contos.






22 de marzo, nova sesión do Obradoiro de animación a lectura "Descubre o Tesodo dos Contos", en conmemoración do Día da Poesía. 2º e 4º sábado dos meses de febreiro, marzo e aril, de 12 a 13 h.

Imaxe
Apetéceche que che conten un conto? 


Neste mapa poderás atopar os contos da terras dos sentimentos, os contos da terra do río e do movemento, colinas escondidas da poesía, ou, incluso os  contos  das leiras e  montaña das matemáticas e maila arte... que agardan agochados na vosa biblioteca, atrévete a descubrilos e xuntos completaremolo mapa dos contos, deses que nunca che contaron...
Se tés entre 6 a 9 anos, embarcate con nós, comezamos no mes de febreiro ata o més de abril  o 2º e  4º sábados de cada mes: 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo e 12 e 26 de abril.
Datas:2º e 4º sábado de febreiro a abril Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra.


Guia de Poesía para nenos de 3 a 8 anos

Imaxe
Material de apoio para fomentar a lectura na infancia
Dinamizar entre os máis novos a lectura do xénero poético é o obxectivo principal da Guía de poesía, un material de apoio para as persoas adultas que traballan no fomento da lectura na infancia promovido pola Asociación de Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia e pola Secretaría Xeral de Cultura. Esta ferramenta dixital ten como finalidade facilitar e apoiar o labor do persoal bibliotecario que realiza funcións de animación á lectura, dos técnicos culturais habituais da dinamización de bibliotecas e ludotecas, dos mestres de educación infantil e primeiro ciclo de primaria que o queiran empregar nas aulas, e, naturalmente, dos pais e nais ou coidadores que desexen afrontar a lectura acompañada dos máis pequenos con fórmulas e xogos que lles permitan introducilos na descuberta da poesía dunha maneira entretida.


Guía de Poesía para nenos de 3 a 8 anos
Con esa vocación nace esta primeira Guía de poesía, para o traballo…

21 de marzo, venres: Contos para bebés “Os contos de chupete”, a cargode Migallas (Especial Día Internacional da Poesía, 21 de marzo)

Imaxe
Sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.



Público destinatario: Bebés (0-3 anos) Lugar: Sala infantil Hora: 18:00
Con inscripción e recollida de invitacións
As inscricións a partir do 10 de marzo, luns, no correo electrónico:  biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. As invitaciones recolleranse na terceira planta polas mañanás (De 9:00 a 16:00) ou na infantil, polas tardes (De 16:00 a 21:00) e sábados (De 10:00 a 14:00)
25 bebés cun adulto. Entrada de balde