Préstamo de libros, e-books, formación de usuarios, contacontos, obradoiros...
martes, 19 de decembro de 2017
martes, 28 de novembro de 2017
Actividades decembro
-
“Miguel Hernández. 75 aniversario do seu pasamento.” Do 27 de novembro ao 13 de decembro.
Centro
de interese con obras de Miguel Hernández na segunda planta da
Biblioteca.Destinado a público xuvenil e adulto.
-
“Aquí viviu o veciño de Valle-Inclán”, a cargo de Polo Correo do Vento. 1 de decembro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo.
Público
destinatario:
Nen@s a partir de 3 anos
Lugar:
Sala de
obradoiros
Hora:
18:00
Entrada
de balde, ata completar aforo
-
“Un Nadal de cine”. Centro de interere na sala infantil. Do 15 de decembro ao 10 de xaneiro.
Centro
de interese con libros, películas e música de Nadal. Na sala
infantil para público infantil.
-
“Botemos unhas risas”. Centro de interese na segunda planta. Do 18 de decembro ao 16 de xaneiro.
Como di Doris Lessing: " A risa é, por definición, saudable". E como dende a biblioteca concordamos con ela, seleccionamos unha chea de películas de humor que nos farán rir, sorrir e, de seguro, pasar un bo rato.
-
“O homiño de mazapán e outros contos de Nadal”, a cargo de Bea Campos (Migallas). 15 de decembro, venres: Sesión de contos.
Público
destinatario:
Nen@s a partir de 3 anos
Lugar:
Sala de infantil
Hora:
18:00
Entrada
de balde, ata completar aforo
-
“Maxia no Nadal”, a cargo da maga Leo Leíño. 27 de decembro, mércores: Espectáculo de maxia
Especial
Nadal
Público
destinatario: Público familiar
Lugar:
Salón de actos
Hora:
18:30
Entrada
de balde, ata completar
luns, 13 de novembro de 2017
Mulleres con ciencia
Mostra bibliográfica na Biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola.
A
muller está na ciencia dende sempre, dende sempre fixo aportacións
ao avance científico, e dende sempre participa na construcción do
pensamento científico, grazas aos seus innumerables achados.
Co
gallo do mes da Ciencia, dende a Biblioteca Pública de Pontevedra,
queremos facer unha pequena homenaxe a todas as mulleres da Ciencia,
que a pesares dos atrancos e do menosprezo que tiveron que sofrer
nunha época determinada, lograron dar a coñecer o froito do seu
esforzo.
GRAZAS
A TODAS.
martes, 31 de outubro de 2017
Programación de actividades para o mes de novembro
O mes de novembro é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, por iso temos unha programación algo especial e acorde co tema:
- "Unha biblioteca con moito espazo" Centro de interese.Selección de libros infantís sobre o espazo.Data: mes de novembroLugar: Sala infantil
- "Mulleres con ciencia" Mostra bibliográfica.Selección de libros infantís sobre o espazo.Data: mes de novembroLugar: Sala de exposicións.
- 2 de novembro, xoves: "A arte como ferramenta científica". Obradoiro.Público destinatario: Nen@sde 9 a a12 anos. No caso de quedar plazas vacantes poderán asistir outros interesados que s epresenten o día da actividade.Lugar: Sala de obradoirosHora: 2 sesións: 1ª sesión de 18.00 a 18.50; 2ª sesión de 19.00 a 19.50 h.
UCC CSIC Galicia IEGPS CSIC Divulga F E C Y T · Ciencia e Innovación ·
-
- 3 de novembro, venres: Sesión de contos + obradoiro de debuxo: “Coñecendo a vía láctea con Antonia Ferrín”, a cargo de Polo Correo do Vento
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo
- 10 de novembro, venres: Sesión de contos “Contos con moita ciencia”, a cargo de Raquel Queizás
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo
- 17 de novembro, venres: Sesión de contos: “Cuentíficos”, a cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)
Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo
- 24 de novembro, sábado: Obradoiro de ciencia “A óptica nas ciencias”, a cargo de IMASV (Especial mes da Ciencia)
Sinopse: Obradoiro no que se acercará aos nen@s a óptica dende o punto de vista científico.
Público destinatario: Nen@s de 6 a 12 anos (20 prazas)
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: De 18:00 a 20:00
Con inscripción previa, a partir do 13 de novembro, luns, na entrada da Biblioteca (Información) e por teféfono (886 15 92 50), en horario de 9 a 20:30.
Entrada de balde
luns, 30 de outubro de 2017
A arte como ferramenta científica. Obradoiro.
Público destinatario:
Nen@sde 9 a a12 anos. No caso de quedar plazas vacantes poderán asistir
outros interesados que s epresenten o día da actividade.
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 2 sesións: 1ª sesión de 18.00 a 18.50; 2ª sesión de 19.00 a 19.50 h. 20 plazas por sesión.
Data: 2 de novembro, xoves.
Este obradoiro busca espertar o interese dos adolescentes pola arte e a ciencia, cunha actividade manual que fomenta a súa creatividade e curiosidade.
UCC CSIC Galicia IEGPS CSIC Divulga F E C Y T · Ciencia e Innovación ·
martes, 24 de outubro de 2017
Gañadores IV Certame Relato Curto
IV Certame de
Relato Curto
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
1º Premio: "Otra
sensibilidad" de Nicolás Vázquez Ben
2º Premio: "Voces
dunha historia" de Ramón Torres Chaves
3º Premio: "Os soños
de Manel" de Juan C. Suárez Méndez
Moitas grazas a todos por
participar!
Pontevedra, 24 de
outubro de 2017
venres, 13 de outubro de 2017
Bibliotecas de película
A imaxe das bibliotecas e o persoal bibliotecario no cine. Mostra.
Do 6 ao 31
de outubro na planta baixa da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio
Odriozola
A presencia das bibliotecas no sétimo arte non é un feito
aillado.
Esta mostra organizada pola Biblioteca Pública de Pontevedra
Antonio Odriozola recolle algúns dos principais filmes nos que saen
bibliotecari@s e bibliotecas, xa sean públicas ou privadas.
Películas como Ágora, Harry Potter ou El
nombre de la rosa conducen aos espectadores por bibliotecas de diferentes
épocas e con distintos tipos de fondos.
Dende sempre, o mundo do libro e das
bibliotecas aparece reflictido no cine.
Son moitas as películas nas que hai
escenas que suceden en salas de bibliotecas, xa sexan públicas ou privadas,
onde o espectador pode ver como é o traballo bibliotecario, como se organizan
os fondos e que servizos se ofrecen.
A biblioteca é o lugar onde se
investigan crimes, onde acubillarse en caso de perigo, onde declarar o amor á
persoa amada…
En definitiva, o cine, co seu carácter
expansivo, axuda a abrir as portas do mundo bibliotecario a toda persoa que
queira entrar.
A imaxe dos bibliotecarios no cine tamén se trata na mostra:
Cando comeza a aparecer no cine, a bibliotecaria é sempre
unha muller maior, solteirona, con lentes e moño, e ridiculizada en moitas
ocasións pola súa idade, como sucede en Historias de Filadelfia
ou Cazafantasmas. Esa imaxe estereotipada pervive aínda ata os
nosos días.
O bibliotecario, pola contra, aparece como un home sabio,
con autoridade, con coñecementos de historia, como gardián dos libros e do
saber. Tal é o caso de Jorge de Burgos no filme En el nombre de la rosa.
No cine de ficción, a biblioteca é escenario frecuente na búsqueda de información ou clave que axude a resolver un problema.
Algúns cineastas representan fielmente unha biblioteca e o traballo que nelas se realiza como en El carnaval de las tinieblas (Jack Clayton, 1983).
Mais na maior parte dos casos, son representadas bibliotecas que pouco teñen que ver coa realidade, xa sexa pola carga de estereotipos en Los cazafantasmas (Ivan Reitman, 1984) ou polo fantásticas que se representan en Más allá de los sueños (Vicent Ward, 1998).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Libros con corazón
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...
-
De acuarelas por Pontevedra Un caderno de acuarelas de Eduardo Baamonde para percorreras rúas, as prazas e os recantos de Pontevedra, c...
-
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...
-
A lírica trobadoresca é a primeira manifestación literaria da lingua galega. Johan de Cangas, Meendinho e Martin Codax representan o ...