Publicacións

Mostrando publicacións desta data: October 25, 2018

Valedoras do saber, vítimas da ignorancia

Imaxe
John Steinbek dixo que "polo grosor do pó nos libros dunha biblioteca pública, pode medirse a cultura dun pobo". Que dicir entón cando son as bibliotecas as convertidas en pó? Sabemos que en tempos recentes, diferentes centros depositarios da cultura humana teñen sido vítimas da barbarie da mesma especie que as creou.

Por exemplo, a Biblioteca de Jaffna, en Sri Lanka, foi queimada en 1981 pola poboación budista en represalia pola demanda de igualdade de dereitos dos seus compatriotas hindús. A Biblioteca Nacional de Irak foi incendiada e saqueada durante a Guerra en 2003, perdéndose un millón de obras, número semellante ao perdido na Biblioteca da Universidade de Mosul cando foi arrasada por completo polo ISIS en 2014.

Pero este non é un fenómeno propio dos nosos tempos, senón que cíclicamente ao longo da nosa historia a ignorancia prevaleceu sobre o saber. No mundo antigo atopamos múltiples exemplos de destrución do saber escrito, como os da biblioteca de Éfeso, na actual …