venres, 31 de xaneiro de 2020

Actividades infantís de febreiro




Contos para bebés Un berce cheo de contos 
A cargo de Bea Campos (Migallas)
Sesión de contos para bebés de 0 a 3 anos na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral.

 Os cativos poderán escoitar contos, cancións e arrolos nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

Venres 7 de febreiro ás 18:00 h. na sala de obradoiros

Entrada de balde (25 bebés + 1 adulto por bebé)

Con inscrición previa a partir do 3 de febreiro, luns, por teléfono 886 15 92 50 ou na biblioteca, na planta baixa (Información), de 9 a 20:30 h.




Sesión de contos: Glu Glu contos acuáticos
A cargo de Expresión Contacontos (Manuel Solla)

Público infantil, a partir de 3 anos


Venres 14 de febreiro ás 18:00h. na sala de obradoiros
 
Entrada de balde ata completar a capacidade da sala








Obradoiro de entroido
 A cargo Anias

Venres 21 de febreiro ás h. na sala de obradoiros, en dúas sesións:
  • Creción de gorros fantásticos (de 4 a 7 anos) de 17.00 a 18.00 h.

  • Fábrica de súpercomplementos (de 8 a 11 anos) de 18.15 a 19.15 h.
Inscrición previa a partir do luns, 10 de febreiro, na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 15 92 50) en horario de 9 a 20:30 h.  (15 prazas por obradoiro)
 
Entrada de balde

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...