luns, 13 de xaneiro de 2020

Actividades infantís de xaneiro


O segredo do tendal
A cargo de Raquel Queizás 

Contacontos para presentar a tradición oral á nova xeración de nativos dixitais. 
Público infantil a partir de 3 anos

Venres 17 de xaneiro no salón de actos ás 18:00 h.

Entrada de balde ata completar a capacidade da sala






2 Obradoiros de creación
A cargo de Anias
Venres 24 de xaneiro na sala de obradoiros

  • Obradoiro de marcapáxinas narigudos
      Público infantil, de 4 a 7 anos (15 prazas)
      De 17:00 a 18:00 h.
     
  • Obradoiro de marcascrap
      Público infantil, de 8 a 11 anos (15 prazas)
      De 18:15 a 19:15 h.
* Para os dous obradoiros con inscripción previa, a partir do 15 de xaneiro na entrada da Biblioteca (Información) ou por teléfono (886 15 92 50), en horario de 9 a 20:30.
Entrada de balde



Maruja Mallo, metade anxo, metade marisco
A cargo de Polo Correo do Vento 
Sesión de contos e obradoiro de debuxo.
Público infantil, a partir de 3 anos

Venres 31 de xaneiro na sala de obradoiros ás 18:00 h.

Entrada de balde, ata completar a capacidade da sala



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...