luns, 13 de xaneiro de 2020



 
O servizo cooperativo de referencia virtual entre bibliotecas públicas españolas 'Pregunte: as bibliotecas responden', cumpre este 2020 o seu vixésimo aniversario. Constitúe un dos exemplos pioneiros e máis lonxevos de cooperación bibliotecaria no noso país. Desde o ano 2000, en que se puxo ao dispor dos usuarios, respondeu a máis de 85.005 preguntas.

Atendido por máis de 40 bibliotecas de diferentes Comunidades Autónomas (entre as que nos atopamos a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola), a súa coordinación depende da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria.

'Pregunte: as bibliotecas responden' permite aos usuarios realizar consultas a través de dúas modalidades: correo electrónico (24 horas ao día, 365 días ao ano) e chat (días laborables en horario de atención ao usuario).

https://www.pregunte.es/
#Pregunte #Pregunte20anos


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...