A noite do 23 para o 24 de xuño é a noite de San Xoán, na que se celebra o solsticio de verán.
Galicia conta cunha forte tradición na celebración desta festa, cun amplo número de ritos. Algún dos máis extendidos son: saltar as cacharelas, os xantares coas sardiñas como protagonistas e lavarse coa auga das herbas de San Xoán.
As herbas de San Xoán varían dunhas zonas a outras, mais hai algunhas que se recollen en case toda Galicia: herba de San Xoán, fiuncho, fento macho, codeso, romeu, herba luisa, trovisco... Estas herbas métense en auga e deixanse na noite de San Xoán ao resío para protexerse das meigas e ao amencer lavarse a cara con elas.
Na Biblioteca pública de pontevedra fixemos unha escolla de libros e películas sobre meigas para diferentes idades e desde distintos puntos de vista: novelas, películas, libros de herbas medicinais, libros con perspectiva de xénero...
E nos vindeiros días traeremos as herbas de San Xoán ao noso pote de auga...
Ningún comentario:
Publicar un comentario