mércores, 21 de agosto de 2013

Obradoiro de animación a lectura. Xoves 29 de agosto de 11:00 a 12:00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra

A Cruz Vermella Xuventude durante o ano 2007 e 2008 traballou na creación do libro quitamedos  baixo o tìtulo “A Marca do cempés” e a partires do 2009 puxemos en marcha esta intervención en colexios de primaria e bibliotecas. Este libro pretende ser un recurso de axuda  para a comprensión da enfermedad e a hospitalización co fin de minimizar os temores á propia enfermidade. 





Desenvolvemento
A intervención consta de dúas horas cheas de actividades relacionadas  coa lectura da historia "A Marca do cempés".

Resumo da historia
O libro conta a historia dun neno chamado Breixo, doente de apendicite e como ingresa no hospital para operarse. 

Trala anestesia o neno ten un soño que pretende ser unha metáfora da intervención cirúrxica. O nexo de unión entre o soño e a realidade será a marca do cempés (cicatriz da operación e protagonista da historia). No soño, uns cempés escollen a Breixo, por ser o posuidor da marca do cempés, para atopar un tapón que ensombrece o seu mundo. O obxectivo é reflectir os sentimentos negativos que unha enfermidade pode ocasionar debido ao malestar ou ao propio medo á enfermidade. Para iso, Breixo terá que armarse de esperanza, valentía e compromiso para dar co tapón; habilidades que tamén precisará para afrontar calquera doenza.

O soño remata cando atopan o tapón e conseguen liberar o seu mundo, que coincide co momento no que esperta da anestesia. Novamente preténdese mostrar habilidades como a valentía e o compromiso como recursos positivos para afrontar a enfermidade, xa que, a pesares do cansanzo e esgotamento da intervención, ou do sono, Brei non perde a esperanza e a ledicia con novas ilusións, como nun contexto hospitalario, poden ser ver o sorriso da súa familia ou as actividades que pode desenvolver institucións como neste caso Cruz Vermella Xuventude.

Destinatarios
Nenos e nenas de 6 a 10 anos

Materiais         
Para o desenvolvemento da actividade cada alumno e alumna contará cun exemplar do libro quitamedos “A Marca do Cempés” elaborado  polo mesmo programa.

Impartido por 
Voluntarias e voluntarios de Cruz Vermella Xuventude, formadas no programa.

Inscripcións na Biblioteca Pública de Pontevedra
r/Alfonso XIII, 3
Pontevedra
Tlfn.986 850 838

martes, 20 de agosto de 2013

Actividades setembro 2013

13 de setembro, venres. Obradoiro “Creatividade literaria”, a cargo Luis Vallecillo

Crearemos un conto, poema ou canción utilizando técnicas literarias adaptadas ás idades dos participantes. Co fin de que non se perda ningunha das ideas dos cativos axudaremonos dun proxector de tal maneira que quede reflexada nunha pantalla en todo momento a creatividade que levan dentro.

Hora: 18:00
Lugar: Sala de obradoiros
Público destinatario: Nenos e nenas de 3 a 12 anos
Con inscripción previa, a partir do 2 de setembro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (25 plazas)


20 de setembro, venres. Contacontos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos

Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo



20 de Setembro, venres. Presentación do libro: Triste Escarlata de Marcus Cabada

Lugar: Salón de Actos
Hora: 19:30
Entrada de balde, ata completar aforo


27 de Setembro, venres. Contacontos: “ A cara dos contos”, a cargo de Chus Otero

Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos e nenas de 3 a 7 anos
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo


Tutoriais

Tutorial de consulta do catálogo en línea (OPAC) da Biblioteca

Se queres saber como buscar no catálogo da biblioteca, aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago  e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da  Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).

http://youtu.be/32pM2EwDpN

Tutorial para renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca

Se queres saber como renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago  e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da  Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).

luns, 19 de agosto de 2013

Obradoiro "Narración en curtas"

Unha mostra dos resultados do traballos dos nen@s  de 9 a 12 anos no obradoiro de "Narración en curtas":

                 "Historias para rodar" corto baseado no libro de Gianni Rodari "Contos por teléfono".
             

"Confundindo historias"



                                                                 "Tonino o invisible"

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...