Préstamo de libros, e-books, formación de usuarios, contacontos, obradoiros...
mércores, 28 de agosto de 2013
mércores, 21 de agosto de 2013
Obradoiro de animación a lectura. Xoves 29 de agosto de 11:00 a 12:00 h. na Biblioteca Pública de Pontevedra
A Cruz Vermella Xuventude durante o ano 2007 e 2008 traballou na
creación do libro quitamedos baixo o tìtulo “A Marca do cempés” e a partires do
2009 puxemos en marcha esta intervención en colexios de primaria e bibliotecas.
Este libro pretende ser un recurso de axuda para a comprensión da enfermedad e
a hospitalización co fin de minimizar os temores á propia enfermidade.
Desenvolvemento
A intervención consta de dúas horas cheas de actividades relacionadas coa
lectura da historia "A Marca do cempés".
Resumo da historia
O libro conta a historia dun neno chamado Breixo, doente de apendicite e como
ingresa no hospital para operarse.
Trala anestesia o neno ten un soño que pretende ser unha metáfora da
intervención cirúrxica. O nexo de unión entre o soño e a realidade será a marca
do cempés (cicatriz da operación e protagonista da historia). No soño, uns
cempés escollen a Breixo, por ser o posuidor da marca do cempés, para atopar un
tapón que ensombrece o seu mundo. O obxectivo é reflectir os sentimentos
negativos que unha enfermidade pode ocasionar debido ao malestar ou ao propio
medo á enfermidade. Para iso, Breixo terá que armarse de esperanza, valentía e
compromiso para dar co tapón; habilidades que tamén precisará para afrontar
calquera doenza.
O soño remata cando atopan o tapón e conseguen liberar o seu mundo, que
coincide co momento no que esperta da anestesia. Novamente preténdese mostrar
habilidades como a valentía e o compromiso como recursos positivos para afrontar
a enfermidade, xa que, a pesares do cansanzo e esgotamento da intervención, ou
do sono, Brei non perde a esperanza e a ledicia con novas ilusións, como nun
contexto hospitalario, poden ser ver o sorriso da súa familia ou as actividades
que pode desenvolver institucións como neste caso Cruz Vermella Xuventude.
Destinatarios
Nenos e nenas de 6 a 10 anos
Materiais
Para o desenvolvemento da actividade cada alumno e alumna contará cun
exemplar do libro quitamedos “A Marca do Cempés” elaborado polo mesmo
programa.
Voluntarias e voluntarios de Cruz Vermella Xuventude,
formadas no programa.
r/Alfonso XIII, 3
Pontevedra
Tlfn.986 850 838
martes, 20 de agosto de 2013
Actividades setembro 2013
13 de setembro, venres. Obradoiro “Creatividade literaria”, a cargo Luis Vallecillo
Crearemos un conto, poema ou canción utilizando técnicas literarias adaptadas ás idades dos participantes. Co fin de que non se perda ningunha das ideas dos cativos axudaremonos dun proxector de tal maneira que quede reflexada nunha pantalla en todo momento a creatividade que levan dentro.
Hora: 18:00
Lugar: Sala de obradoiros
Público destinatario: Nenos e nenas de 3 a 12 anos
Con inscripción previa, a partir do 2 de setembro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (25 plazas)
20 de setembro, venres. Contacontos: “Contos nas orellas”, a cargo de Bea Campos
Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos e nenas a partir de 3 anos
Hora: 18:00
Entrada de balde, ata completar aforo
20 de Setembro, venres. Presentación do libro: Triste Escarlata de Marcus Cabada
Lugar: Salón de Actos
Hora: 19:30
Lugar: Sala infantil
Público destinatario: Nenos e nenas de 3 a 7 anos
Hora: 18:00
Tutoriais
Tutorial de consulta do catálogo en línea (OPAC) da Biblioteca
Se queres saber como buscar no catálogo da biblioteca, aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).
http://youtu.be/32pM2EwDpN
Tutorial para renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca
Se queres saber como renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).
Tutorial para renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca
Se queres saber como renovar en línea os mustiáis que teñas en préstamo da Biblioteca aquí tes o tutoríal realizado pola Biblioteca Publica de Santiago e que é extensible ao resto das bibliotecas nodais da Rede de Bibliotecas de Galicia ( BB.PP. decA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Rede de Bibliotecas Muncipais de Ferrol).
luns, 19 de agosto de 2013
Obradoiro "Narración en curtas"
Unha mostra dos resultados do traballos dos nen@s de 9 a 12 anos no obradoiro de "Narración en curtas":
"Historias para rodar" corto baseado no libro de Gianni Rodari "Contos por teléfono".
"Tonino o invisible"
"Historias para rodar" corto baseado no libro de Gianni Rodari "Contos por teléfono".
"Confundindo historias"
"Tonino o invisible"
domingo, 18 de agosto de 2013
Novidades - Verán 2013
Novidades ingresadas nos fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra duranteo o verán 2013:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Libros con corazón
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...
-
Tres libros infantís que rompen tópicos de xénero Co gallo do Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novemb...
-
Visita guiada pola biblioteca ás 11:00 h e as 18:30 h Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o ...
-
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...