mércores, 9 de setembro de 2015

CLUBS DE LECTURA 2015-2016




Como todos os anos, a Biblioteca pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro de 2015 e rematarán no mes de xuño do 2016.

Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

Se non e usuario terá que solicitar o carné.

- CLUB DE LECTURA EN GALEGO: MARTES alternos, de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas), a partir do 6 de outubro. Coordinadora: Patricia Saavedra.
- CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS: LUNS alternos, de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas) a partir do 5 de outubro. Coordinadora: Marta Isabela Mora Bogado.
- CLUB DE LECTURA EN INGLÉS: MARTES alternos, de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas) a partir do 6 de outubro. Coordinador: Víctor Machín.
- CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os MÉRCORES, de 17:00 a 18:00 h. (20 prazas), a partir do 7 de outubro. Coordinador: Santiago Eizaguirre.

RESERVAS: 10 por cada club.

PRAZO DE INSCRICIÓN:  Do 14 de setembro  ao 25 de setembro (salvo que queden prazas sen cubrir).

FORMAS DE INSCRICION:

  • Na Biblioteca de 9:00 h. a 21:00 h.  
  • Por teléfono de 9:00 h. a 14:00 h. 
  • Por correo electrónico no seguinte enderezo:

biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono de contacto e nº de lector se xa é usuario da biblioteca.

A Biblioteca confirmaralle a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se avisaría por teléfono ou correo eléctrónico).

A inscrición é gratuíta.

*O criterio para a selección de asistentes nos Clubs de Lectura será por orde de chegada (día/hora).

*Só se aceptarán as solicitudes entregadas a partir da data de apertura do prazo. Non se admitirá ningunha solicitude enviada antes das 9:00 h. do día 14 de setembro, data de inicio das inscricións.

*Pódese inscribir cada usuario nun só club de lectura a excepción de que queden prazas sen cubrir. 

sábado, 5 de setembro de 2015

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I, Prof. Domingos Amton García Fernandes

PRESENTACIÓN DEL CURSO FILOSOFÍA I

A filosofía é un saber de segundo grao, que se apoia en saberes de primeiro grao (de modo especial os científicos), dialéctico (traballa con contradicións e inconmensurabilidades), mundano, totalizador (globalizador, holístico, interdisciplinario e non parcelado, mais sen pretensión de ser omniabarcante), teórico e práctico,desenmascarador de ídolos, quebrantador de mitos e ideoloxías, non legalizador do caos. En poucas palabras: un saber integral e non contemporizador co establecido.

Entre os suxeitos a dilucidar: o tránsito das especulacións míticas ás explicacións racionais, lóxicas; os enganos, mentiras, ocultacións, simulacións, doxas, ideoloxías, na caverna de Platón e na nosa; as trampas na argumentación, as falacias máis frecuentes; o home: de animal a fabricación de deuses, ou mellor, dun Deus, o mercado; de corpo e cultura, unha crítica docerebrocentrismo; o pensamento de Karl Marx: alienación, loita de clases, crítica da economía política liberal, o fetichismo da mercadoría e que hai de vixente hoxe na súa teoría; unha contribución á crítica dos nacionalismos: os marcadores identitariose a denuncia das igualacións ficticias; os dereitos humanos como disfrace do capitalismo; diversas teorías antropolóxicas e filosóficas da relixión; os múltiples, ou non tanto, comportamentos morais, que son analizados como inmorais dende a óptica da ética; cuestionar o privado e o público dende a perspectiva do común; considerar se existe realmente a esquerda.

Curso de Filosofía I: “Aproximación á Filosofía”, a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes

Curso de Filosofía I: “Aproximación á Filosofía”, a cargo do profesor Domingos Antom García Fernandes

Actividade convocada pola Biblioteca Pública de Pontevedra dentro do programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia.

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra
Horario: 19’00 – 20'45 (en xoves alternos dende o 1 de outubro de 2015 ata o 16 de xuño).

25  prazas con inscrición previa dende o  luns 7 de setembro:

- Na Biblioteca  de 9:00 a 21: 00 h. 
- Por teléfono de 9:00 a 14:00 h.
- Por correo electrónico no seguinte enderezo: biblio.publica.pontevedra@xunta.es , poñendo no asunto o nome da actividade ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguientes datos: Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.

En calquera caso a biblioteca lle confirmaría a súa inscrición pola mesma vía pola que se inscribiu (salvo se é presencial que se usaría o teléfono ou o correo).




Programa Completo: 


Día 1 de outubro. Do mito á filosofía
Día 15 de outubro. A caverna de Platón e a caverna actual
Día 29 de outubro. Trampas na argumentación. As falacias máis frecuentes
Día 12 de novembro. O home: de animal a fabricador de deuses
Día 26 de novembro. Cuestionando o cerebrocentrismo. Corpo e cultura
Día 10 de decembro. A emancipación humana en Karl Marx (1841 -1845)
Día 14 de xaneiro. Un fantasma percorre Europa. Ideoloxía e loita de clases(1845 -1851)
Día 28 de xaneiro. Análise do
“O Capital”. Crítica da economía política (1851 -1872)
Día 11 de febreiro. O fetichismo da mercadoría
Día 25 de febreiro. ¿Qué podemos aprender hoxe do pensamento de Marx?
Día 10 de marzo. Contribución á crítica dos nacionalismos
Día 7 de abril. Os dereitos humanos como ideoloxía do capitalismo
Día 21 de abril. Teorías da Relixión I: Frazer, Tylor, Durkheim, Marvin Harris
Día 5 de maio. Teorías da Relixión II: Marx, Nietzsche, Freud, Gustavo Bueno
Día 19 de maio. Morais e Ética
Día 2 de Xuño. Nin público, nin privado. Que entender por común?
Día 16 de xuño. Existen realmente as esquerdas?

luns, 3 de agosto de 2015

A Aventura de Viaxar nos fondas da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola



Exposición "A Aventura de Viaxar nos fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola "


A viaxe, e a necesidade de contalo estiveron sempre presentes nas sociedades humanas. Como suxire Percy G. Adam xa nas prehistóricas sociedades de cazadores recolectores existiría o relato oral das aventuras que supoñerían cada expedición para abastecerse de alimentos, e seica un relato escrito na pedra en forma de pinturas rupestres. Con esta exposición intentamos acercar aos usuarios unha viaxe a través dos fondos da Biblioteca Pública de Pontevedra que nos levará aos destinos máis diversos por interesantes rutas e itinerarios artístico, fantásticos viaxes literarios, sorprendentes libros de viaxes e interesantes viaxes de formación e descubrimento persoal. Unha interesante proposta para viaxar sen saír da biblioteca.

Sala de Exposición da Biblioteca Pública de Pontevedra

Do 1 de Agosto ao 15 de setembro de 2015

martes, 30 de xuño de 2015

Horario de Verán

Xa é tempo de libros e praia, e na Biblioteca Pública de Pontevedra mañá comezamos co horario de verán!!

mércores, 24 de xuño de 2015

Novas relativas á plataforma de préstamo de libro electrónico GaliciaLe nas biblioteca públicas de Galicia


A plataforma Galiciale incorpora novos recursos: 

- Incorporación do libro interactivo Loboferoz ao catálogo do libro galego de GaliciaLe. Creado a partir do conto de OQO Editora, Loboferoz ten un formato enriquecido que ofrece funcionalidades como a lectura do propio conto, a visualización dun vídeo animado, a gravación polo lector de escenas teatrais cos personaxes do libro, a elaboración de cómics con eses personaxes ou a resolución de xogos e actividades lúdicas para varios tramos de idade.

Para gozar da interactividade de Loboferoz é preciso descargar o visor OQO, aplicación dispoñible na propia plataforma de libro electrónico GaliciaLe en versións adaptadas para diferentes dispositivos e sistemas operativos (tabletas e teléfonos Android, PCs con Windows, Linux e Mac OS X). O usuario poderá acceder á ligazón de descarga do visor así como ao manual desde a propia ficha do libro en GaliciaLe.

- Acceso a 34 libros da Universidade de Santiago de Compostela, cedidos por esta para a súa incorporación ao catálogo do libro galego de GaliciaLe. Inclúe 27 títulos en galego (obras sobre física, arte, historia etc.) e 7 títulos en castelán relacionados con Galicia (estudos xacobeos, historia de Galicia...).

domingo, 14 de xuño de 2015

OBRADOIROS DE VERÁN 2015 XULLO-AGOSTO

OBRADOIROS DE VERÁN 2015 na Biblioteca Pública de Pontevedra


XULLO

-“Obradoiro Contos en Inglés” para nenos e nenas de 4 a 7 anos , os martes (7, 14, 21 e 28) de xullo de 11:00 a 12:30 h
-“Obradoiro de Banda Deseñada” para nenos e nenas de 8 a 12 anos, os xoves (9, 16, 23 e 30) de xullo de 11:00 a 12:30 h.

AGOSTO

-“Obradoiro de Contos Creativos” para nenos e nenas de 4 a 7 anos, os martes (4, 11, 18 e 25) de agosto de 11:00 a 12:30 h.
-“Obradoiro de Experimentos de Ciencia” para nenos e nenas de 8 a 12 anos, os xoves ( 6, 13, 20 e 27) de agosto de 11:00 a 12:30 h.

A inscrición para estes obradoiros é gratuíta e faise na biblioteca (hai que cubrir unha solicitude). Comeza o 15 de xuño (en horario de 09:00 a 20:30 h.) e remata o completar as prazas. Límite de 3 solicitudes por persoa, adxudicadas por orden de chegada. Pódese elixir entre os meses de xullo ou agosto.

Máis información na Biblioteca Pública de Pontevedra, Alfonso XIII, 3 - 36002 Pontevedra, ou no teléfono 986 850 838.

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...