Préstamo de libros, e-books, formación de usuarios, contacontos, obradoiros...
xoves, 26 de maio de 2016
martes, 24 de maio de 2016
A cara oculta dos versos
Do 23 de maio ao 7 de xuño ha sala de exposicións da Biblioteca Pública d a Pontevedra.
Exposición de Isabel Pintado ao redor de obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra e Lupe Gómez, entre outros "A cara oculta dos versos" é un proxecto expositivo, promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, no que a artista Isabel Pintado amosa a súa creatividade sobre 21 libros de poesía de diversos autores e autoras, intervidos como unha homenaxe aos poetas que foron protagonistas das súas lecturas.
mércores, 4 de maio de 2016
Gran Xogo das Letras Galegas 2016
Especial Día das letras galegas 2016: Gran Xogo das Letras Galegas
13 de Maio, 18:00 h. Xogo por equipos na Biblioteca Pública de Pontevedra
A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do día das letras galegas, e os autores homenaxeados ata o memento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este ano, Manuel María.
25 prazas con inscrición previa, a partir do luns 2 de maio, na planta baixa da biblioteca (Información) ou por teléfono (886 159 250) de 9:00 a 20:30 h.
Especial Día das Letras Galegas
Actividade para nen@s a partir de 6 anos.
Horario da actividade das 18:00 a 19:30h
Sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra
martes, 3 de maio de 2016
venres, 29 de abril de 2016
Maio, mes das letras galegas na Biblioteca Pública de Pontevedra
5 de maio, 18:00 h
Espectáculo de
narración oral para nenas e nenos de tres anos en adiante.
Pavís Pavós é
un grupo de contacontos que recupera nas súas sesións o xeito tradicional de
narrar as nosas historias, pero tamén as nosas adiviñas, refráns ou xogos para que non desaparezan.
Entrada
de balde ata completar aforo
Sala de obradoiros da Biblioteca
Pública de Pontevedra
Gran Xogo das Letras Galegas 2016
13 de Maio,
18:00 h
Xogo por equipos
A través deste divertido xogo por equipos, os/as participantes coñecerán
algo máis sobre a orixe e significación do día das
letras galegas, e os autores homenaxeados ata o memento, ao tempo que
descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra do autor homenaxeado este
ano, Manuel María.
25
prazas con inscrición previa, a partir do luns 2 de maio, na planta baixa da biblioteca
(Información) ou por teléfono (886 159 250) de 9:00 a 20:30 h.
Especial
Día das Letras Galegas
Actividade
para nen@s a partir de 6 anos.
Horario
da actividade das 18:00 a 19:30h
Sala de obradoiros da Biblioteca
Pública de Pontevedra
O poeta do Miño
20 de Maio,
18:00
Sesión de contos con obradoiro de debuxo en
conmemoración do Día das Letras Galegas a
cargo de Polo Correo do Vento
Especial
Día das Letras Galegas.
Nen@s
a partir de 3 anos.
Entrada
de balde ata completar aforo
Sala de obradoiros da Biblioteca
Pública de Pontevedra
A
cara oculta dos versos
24
de Maio - 7 de Xuño. 09:00 a 21:00 h.
Exposición
de Isabel Pintado ao redor de obras de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra
e Lupe Gómez, entre outros.
A cara oculta dos versos é un proxecto expositivo,
promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, no que a artista Isabel Pintado
mostra a súa creatividade sobre 21 libros de poesía de diversos autores e
autoras, intervidos como unha homenaxe aos poetas que foron protagonistas das
súas lecturas.
Obras
de Manuel María, Chus Pato, Uxío Novoneyra, Yolanda Castaño, Manuel Antonio e
Lupe Gómez son algúns dos autores e autoras que están presentes na mostra.
Especial Día das Letrs Galegas
Sala
de Exposicións da Biblioteca Pública de Pontevedra
Antonio Odriozola
Contos nas orellas
27 de Mayo,
18:00,
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Sesión de narración oral. Contacontos a cargo de Bea Campos
da compañía Migallas.
Nen@s
a partir de 3 anos.
Entrada
de balde ata completar aforo
Sala de obradoiros da Biblioteca
Pública de Pontevedra
xoves, 14 de abril de 2016
Abril, mes do libro
“Cocorico en movemento”. XVII Salón do Libro: “Canta bichería”
Salón de exposicions da Biblioteca Pública
de Pontevedra, do 31 de marzo ao 23 de abril
Na exposición “Cocorico en movemento” o pitiño do conto, con Mamá Galiña e Gato Pelado decidiron dar o salto á gran pantalla. Na Biblioteca poderedes ver os capítulos da serie e os personaxes, escenarios, atrezzo e moitas máis cousas coas que o equipo de OQO filmes creou esta producción de animación en stop-motion. Animádevos a visitar a expo!
Cocorico é un pitiño que vive
feliz coa súa nai. Un día que
Mamá Galiña vai facerbiscoito, o pitiño ofrécese a
ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece
un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico
salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da
merenda. Mais, una vez pasado o perigo, esquece o trato e come
o biscoito enteiro. Adaptación libre dun conto tradicional
birmano co que os máis pequenos aprenden a compartir,
a cumprir as promesas e a escoitar os consellos.
Venres 15
de abril, as 18:00 "Dulcinea ten moito que contar" con Raquel Queizás.
"O que le moito e anda moito , ve moito e sabe moito" Miguel de
Cervantes.
Onde se conta o que sucedeu o día que Dulcinea do Toboso escapou do libro 'Don Quixote da Mancha'. Aventuras e desventuras desta muller metade pailana,
metade dama. Cansa de que todos falen e opinen sobre ela decide contarnos a súa versión dos feitos. Como se coñeceron de pequenos ela e DonQuixote. O seu grande amor polos libros. A máis fantástica aventura imaxinada dos muiños de vento. Como foi o seu encantamento e moito máis...
Espectáculo de narración oral con grandes dosis de dramatización para coñocer dunha maneira instructiva, divertida e amena unha das historias de amor máis fantasiosa de tódolos tempos.
Os contos empréganse para entreter o tempo, espantar os medos e para
alimentar o espíritu, xa o dicía Cervantes.
Entrada de balde ata completar aforo.
Por un lado os sentimentos fríos relacionados cos medos, e por outro os sentimentos quentes relacionados cas realacións. Trátase dunha actividade de animación á lectura, onde eles participan e se lles achegan e contan libros relacionados cos diferenes sentimentos (medos, relacións cos compañeiros,
familia) axudarémoslle a descubrir onde e cómo se agochan eses sentimentos dentro dos contos.
O número de participantes limitarase cun máximo de 20 persoas con inscripción previa, a partir do luns 11 de abril. Na planta baixa da biblioteca (en información), de 9:00 a 21:00 h. e por Telf.: 986 850 838.
Duración da actividade: 120 minutos
Venres 29 de abril as 18:00. Este queixo queixolán. Contos para bebés

As
invitacións recolleranse en información.
20 bebés, acompañados de dous adultos cada un.
20 bebés, acompañados de dous adultos cada un.
xoves, 17 de marzo de 2016
Novo portal web da Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola como integrante da Rede de Bibliotecas de Galicia tamén estrea web. Para saber máis acerca da biblioteca, para consultar o catálogo, para coñecer as novidades, para participar nas nosas actividades... visita a nosa nova web no enlacehttp:// bibliotecas.xunta.gal/ pontevedra/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Libros con corazón
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...
-
Tres libros infantís que rompen tópicos de xénero Co gallo do Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novemb...
-
Visita guiada pola biblioteca ás 11:00 h e as 18:30 h Incremento do número de obras que se poden levar en préstamo durante o ...
-
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...