sábado, 24 de decembro de 2016

O Advento na sala infantil da biblioteca


Este ano, na sala infantil, vivimos o Advento dun xeito especial. Sobre a cheminea temos o noso calendario, e cada día ímos abrindo unha ventana cunha recomendación.




Deixámosvos o listado cos primerios 23 días e os 23 libros recomendados e...

 
Día 1. Chocolate infinito. AZUL 833 MUI cho
Día 2. El cascanueces. ROJO 85 CEC cas
Día 3. El planeta de los Árboles de Navidad. VERDE I-7412
Día 4. The Polar Express. I-VB 791 POL
Día 5.  Cuentos de invierno. AMARILLO 86 SOL inv
Día 6.  Holiday Classics: celebrando el espíritu navideño. I-MBB BAB hol
Día 7. La cerillera. ROJO 85 AND cer
Día 8. La navidad de Lulú . AZUL 832 REI lul
Día 9. Cuatro amigos y medio en "El caso de Papá Noel". VERDE 844 FRI cua
Día 10. Canción de Nadal. AMARILLO 85 DIC can
Día 11. Kika Superbruja Especial Navidad. I 79 KNI espe
Día 12. Pesadilla antes de Navidad. I-VD 791 PES
Día 13. Fermín y los reyes magos. AZUL 833 VIC fer
Día 14. La foto de navidad. ROJO 82 BAL fot
Día 15. Cuando Papá Noel cayó del Cielo. VERDE 843 FUN cua
Día 16. A Estrela de Oriente. AMARILLO 846 BOU est
Día 17. Manual de Navidad para toda la familia. I 398 ALO man
Día 18. Blizzard. I-VD 791 BLI
Día 19. Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis. AZUL 833 MUI can
Día 20. Historias de Navidad. ROJO 86 LIN his
Día 21. Aos Reis Magos non lles gustan os caramelos de menta. VERDE 82 FRE aos
Día 22. Contos de Nadal. XN RIV con
Día 23. Cantemos a la Navidad. I 78 REV can+1CD 

...Xa que a biblioteca non está aberta hoxe, descubrimos a última xanela, a de hoxe 24 de decembro de 2016.


 Día 24. Cuento de navidad. I-VB 791 CUE


Dende a Biblioteca desexamos que vivades o voso propio conto de Nadal. Boas Festas! 

 

 

venres, 9 de decembro de 2016

"LECTURA SOLIDARIA-LIBROS POR ALIMENTOS": CAMPAÑA SOLIDARIA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

CAMPAÑA SOLIDARIA NO NADAL DA BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA
                          "LECTURA SOLIDARIA-LIBROS POR ALIMENTOS"



Con motivo do Nadal na Biblioteca Pública de Pontevedra do 12 de decembro de 2016 ao 8 de xaneiro de 2017 Campaña "lectura solidaria-Libros por alimentos" coa recollida de produtos alimenticios non perecedoiros que terán como destino o Banco de Alimentos de Vigo que abastece a toda a provincia de Pontevedra. 

As sancións por atraso na devolución dos materiais levados en préstamo anularanse mediante a entrega de alimentos non perecedoiros segundo a seguinte táboa de equivalencia:


*Sancións ata 10 días: 2 Kilos ou 2 litros, ou 2 paquetes, ou 2 latas... de galletas, lentellas, arroz, leite, conservas, 1 paquete de papas de cereais...

*Sancións ente 10 e 30 días: 4 Kilos ou 4 litros, ou 4 paquetes, 4 latas... de galletas, lentellas, arroz, leite, conservas, 2 paquete de papas de cereais...

*Sancións de mais de 30 días: 6 Kilos ou 6 litros, ou 6 paquetes, ou 6 latas... de galletas, lentellas, arroz, leite, conservas, 1 bote de leite infantil...

Pero non fai falta estar sancionado para participar neste proxecto solidario, polo que invitamos a todos os lectores que devolven en prazo os materiais da Biblioteca a sumarse a esta iniciativa.


Hoxe destacamos... De acuarelas por Pontevedra



De acuarelas por Pontevedra

Un caderno de acuarelas de Eduardo Baamonde para percorreras rúas, as prazas e os recantos de Pontevedra, con apuntes históricos e anecdóticos de Mª Ángeles Tilve Jar (conservadora do Museo de Pontevedra). Está editado polo Almacén de Fábulas en 2015.




mércores, 30 de novembro de 2016

ACTIVIDADES NADAL 2016. Biblioteca Pública de Pontevedra AntonioOdriozola



2 de decembro, venres:  Sesión de contos “Historias antes do Nadal”, a cargo de Pavís Pavós

Público destinatario
: Nen@s a partir de 3 anos
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00 h.
Entrada de balde, ata completar aforo

3 de decembro, Sábado. Conferencia Sobre consumo responsable "La Canalla", a cargo de Patrica e Francisco Soto.

2ª xornada do OBSERVATORIO SOCIOEDUCATIVO INSPIRA. Propostas de mellorano ámbiro socio-educativo. Coordina Rocío Juncal.

Público destinatario: Todos os públicos
Data: Sábado 3 de decembro, de 11:00 a !3:00 h
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola. Sala de obradoiros
Entrada libre ata completar aforo

12 de decembro- 8 de xaneiro. Centro de Interese "Contos a luz do Nadal"
Selección de títulos de literatura infantil relacionados co Nadal

Lugar:
 Sala Infantil
Hora: Luns a venres de 16:00 a 21:00, sábados de 10:00 a 14:00.

16-26 de decembro: "En familia por derecho" 

Exposición a cargo de Proxecto de Acollemento Familiar de Cruz Vermella  que presentan diferentes historias, familias acolledores, menores que viviu en acollemento familiar e que ten como finalidade difundir esta medida de protección á infancia así como aumentar o número de familias dispoñibles en Pontevedra para que todos os menores teñan a posibilidade de vivir en familia.  

Público destinatario: todas as idades
Lugar: Salón de actos
Hora: luns a venres de 09:00 a 21:00 h. - sábados de 10:00 a 14:00 h-

16 de decembro, venres: Espectáculo de maxía: “A maxia de Mary Poppins”

Público destinatario: Público familiar
Lugar: Salón de actos
Hora: 18:30 h. 

Entrada de balde, ata completar aforo




22 de decembro, xoves:  Contacontos en inglés "The elf's inventions" a cargo de Kids & Us Lenguage School


Contacontos en Inglés para nenas e nenos de tres a oito anos 
As storytimes son representacións teatrais 100% en inglés. A través de distintos personaxes, cancións transportamos a os nenos e nenas a un mundo cheo de fantasía.
Sinopse de "The elf's inventions":
Papá Noel é un home moi ocupado e por iste motivo Duster, un dos seus elfos, creou dous novos inventos para axudalo: o Freezifier e o Bad-O-Meter. ¿Conseguirán os inventos de Duster salvar o Nadal? ¿Ou o estragarán?
Público destinatario: Público familiar
Lugar: Salón de acto
Hora: 17:00 h
Entrada de balde, ata completar aforo

28 de decembro, mércores: Sesión de contos "Contos á luz do Nadal" a cargo de Expresión produccións (Manuel Solla) "Especial Nadal"


Público destinatario: Nen@s a partir de 3 anos 
Lugar: Sala de obradoiros
Hora: 18:00

Entrada de balde, ata completar aforo


OBSERVATORIO SOCIOEDUCATIVO INSPIRA.Conferneica "La Canalla"

Sábado 3 de decembro. Conferencia Sobre consumo responsable "La Canalla", a cargo de Patrica e Francisco Soto.

2ª xornada do OBSERVATORIO SOCIOEDUCATIVO INSPIRA.  Porostas de mellorano ámbiro socio-educativo. Coordina Rocío Juncal.

Patricia e Francisco Soto son" La Canalla" unha marca textil responsable que leva desenvolvidos obradoiros en centros educativos sobre consumo responsable  a través de obradoiros de creación textil  e que nos presentan a súa experiencia como un proxecto de vida e de traballo ético e sustentable


Data: Sábado 3 de decembro, de 11:00 a !3:00 h
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola. Sala de obradoiros
Público: Todos os públicos
Entrada libre ata completar aforo

venres, 25 de novembro de 2016

Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro

Tres libros infantís que rompen tópicos de xénero


Co gallo do Día Mundial contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, dende a Biblioteca Pública de Pontevedra queremos destacar tres libros infantís que rompen tópicos de xénero.

Tratase da colección Lila Lilaina. Os seus tres títulos: ‘Roi quere ser mamá’, ‘Carlota e o príncipe azul’ e ‘Azul e Rosa’ cuestionan certos símbolos, hábitos e costumes sobre a separación entre sexos e o que se espera dos nenos e das nenas.

Nun mundo no que tanto certa literatura infantil coma parte dos brinquedos que existen no mercado seguen a perpetuar certos preconceptos sobre o propio de rapazas e o propio de rapaces, esta colección enséñalles a nenas e nenos que non hai cores específicas segundo o xénero, que os papas e as mamas fan o mesmo tipo de cousas e que agardar por un príncipe azul pode ser moi aburrido.

Ana Pillado Vega é a autora desta colección que están entre os referentes da igualdade entre nenas e nenos. 

Podes atopalos na biblioteca:
  • Carlota e o Príncipe azul / Ana Pillado Vega.  RJ 832 PIL car  
  • Roi quere ser mama / Ana Pillado Vega.  RJ 832 PIL roi
  • Azul e Rosa /  Ana Pillado Vega.   RJ 832 PIL azu
  •  
     
     


     
     
     
     

martes, 22 de novembro de 2016

Obradoiro de experimentos: "Última hora: escape de gas controlado na biblioteca"

25 de novembro ás 18:00 h na sala de talleres: "Última hora: escape de gas controlado na biblioteca". Obradoiro de experimentos con globos a cargo de Científica Quimi.

Para a nenos e nenas de 4 a 9 anos acompañados dunha persoa adulta.


Inscrición previa. Aforo completo

A Bibliteca celebra o mes da Ciencia!!

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...