venres, 27 de novembro de 2020

eBiblio estará temporalmente fóra de servizo




GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros electrónicos da comunidade galega, da acceso ao catálogo propio en galego e ao de eBiblio en castelán. 


Ata o 9 de decembro eBiblio estará ata o fóra de servizo, mais pode seguir lendo libros do catálogo en galego.




mércores, 25 de novembro de 2020

Aviso

 



Estamos a traballar para mellorar as nosas instalacións. Por iso, pechamos o segundo andar do 1 ao 7 de decembro.


O mostrador de préstamos estará eses días na sala infantil.


Os materiais do segundo andar non se poderán levar en préstamos mentres dure o peche.



luns, 23 de novembro de 2020

Reinventar o mundo



O obradoiro comeza co conto: "A viaxe dos pingüíns". Establécese un diálogo cos nenos e nenas sobre o que foi a pandemia da Covid 19, como o viviron, que sentiron e que cousas fixeron.

Despois faise unha actividade de creación plástica (con material de refugallo) e unha reflexión escrita.

Cos textos e imaxes resultantes realizaremos un libro álbum, que servirá de testemuña dun momento histórico, que agardamos non se repita, visto desde as perspectiva dos máis pequenos.

Idades de 6 a 11 anos.

Inscrición desde o martes 24 de novembro no teléfono 886
159 249 de 9.00 a 14.00 h.

Pódese escoller unha das seguintes sesións:

Xoves 3 de decembro: De 18.00 a 19.00 h.

Venres 4 de decembro: De 17.30 a 18.30 h.

Venres 4 de decembro: De 19.00 a 20.00 h.



martes, 17 de novembro de 2020

Novo formulario de préstamo interbibliotecario

 




Xa podes solicitar os teus préstamos intrabibliotecarios a través do novo formulario da páxina web



Préstamo entre bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia (intrabibliotecario)


É o préstamo de materiais procedentes doutras bibliotecas da Rede. Estas son:

— Biblioteca de Galicia (só materiais da Biblioteca Central de Préstamo)

— Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

— Biblioteca Pública de Lugo

— Biblioteca Pública de Ourense

— Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

— Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

— Biblioteca Municipal Central de Ferrol


 

Número de máximo de documentos

— Só se pode solicitar un documento. Se a obra está formada por varias partes (volumes dun libro, capítulos dunha serie, etc), poden solicitarse ata un máximo de tres documentos.

— Só se pode ter unha petición en curso deste tipo á vez, ata que se recibe un préstamo intrabibliotecario non se pode pedir outro.

— Só se pode ter prestado un documento procedente de préstamo intrabibliotecario á vez.

 

Prazo de recepción

— O prazo de recepción do material solicitado adoita ser inferior a unha semana.

 

Prazo de recollida

— Unha vez recibido, a biblioteca poñerase en contacto coa persoa peticionaria para comunicarlle a chegada do documento. A partir dese momento dispoñerá de sete días hábiles para facer a recollida.

— Se non retira o material solicitado nese prazo, a sanción será de 10 días sen préstamo.



Obradoiro de creación de cinEmakis



O EMAKI é un teatro lumínico tradicional xaponés.

Neste obradoiro os nenos e as nenas crean historias, realizan unha maqueta física do seu emaki e personaxes con caixas de cartón, debuxos, collages... Representan o seu teatro e poden levar o seu cineEmaki a casa.

O venres 27 de novembro de 18.00 a 19.30 h na Biblioteca Pública de Pontevedra para rapazada a partir de 6 anos.

Inscrición previa adesde o 18 de novembro no teléfono 886 159 249 de 9.00 a 14.00 h.

 

venres, 13 de novembro de 2020

Aviso de peche por obras

 



Para facer melloras nas nosas instalacións temos que pechar as salas os seguintes días:

 

Mércores 18 e Xoves 19 de novembro pechamos a sala do segundo andar

Venres 20 e Luns 23 de novembro pechamos a sala do terceiro andar

Martes 24 e Mércores 25 de novembro pechamos a sala infantil

 

QUEDA SUSPENDIDO O SERVIZO DE PRÉSTAMO DOS MATERIAIS QUE SE ATOPAN NA SALA PECHADA

 

Grazas e desculpen as molestias



mércores, 11 de novembro de 2020

Entre libros e xabóns




Obradoiro de elaboración e recetario de xabóns o día 20 de novembro de 18.00 a 19.00 h na biblioteca Pública de Pontevedra para rapazada a partir de 8 anos.


Inscrición previa a partir do mércores 11 de novembro no teléfono 886 159 249, de 9.00 a 14.00 h.



Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...