mércores, 16 de xuño de 2021

Unha de meigas... para a noite máis meiga do ano





A noite do 23 para o 24 de xuño é a noite de San Xoán, na que se celebra o solsticio de verán. 

Galicia conta cunha forte tradición na celebración desta festa, cun amplo número de ritos. Algún dos máis extendidos son: saltar as cacharelas, os xantares coas sardiñas como protagonistas e lavarse coa auga das herbas de San Xoán.

As herbas de San Xoán varían dunhas zonas a outras, mais hai algunhas que se recollen en case toda Galicia: herba de San Xoán, fiuncho, fento macho, codeso, romeu, herba luisa, trovisco... Estas herbas métense en auga e deixanse na noite de San Xoán ao resío para protexerse das meigas e ao amencer lavarse a cara con elas.




Na Biblioteca pública de pontevedra fixemos unha escolla de libros e películas sobre meigas para diferentes idades e desde distintos puntos de vista: novelas, películas, libros de herbas medicinais, libros con perspectiva de xénero...



Desde o día 
16 ata o 30 de xuño podes levar en préstamo as obras que desexes. 

E nos vindeiros días traeremos as herbas de San Xoán ao noso pote de auga...



luns, 7 de xuño de 2021

Obradoiro de creación de marionetas




Obradoiro de creación de marionetas para nenas e nenos de 7 a 12 anos.

Venres 11 de xuño de 17.30 a 19.00 h.

Inscrición previa no formulario web a partir do luns 7 de xuño ás 11.00h.



mércores, 2 de xuño de 2021

Obradoiro de creación de dados conta historias.


As e os participantes terán a posibilidade de fabricar un xogo de dados que lles permitirá inventar historias segundo vaian aparecendo as imaxes en cada tirada. Deste xeito, non soamente estimulan a súa creatividade na invención das historias, senón que tamén fomenta a súa capacidade de improvisación e axilidade mental.

Para rapaces e rapazas de 6 a 8 anos.

Con inscrición previa a partir do 2 de xuño ás 11 h., a través do formulario da páxina web da biblioteca: 


venres, 5 de marzo de 2021

mércores, 3 de marzo de 2021

 


Queres aprender a deseñar carteis?

Na Biblioteca imos impartir un taller on line de deseño gráfico de carteis para adultos. 



Formulario de inscrición




mércores, 24 de febreiro de 2021

 



Hoxe, 24 de febreiro, conmemórase o aniversário do nacemento de Rosalía de Castro. A escritora galega, unha das principais precursoras do Rexurdimento, naceu en Conxo en 1837.

 
 No primeiro andar da Biblioteca podes atopar este centro de interese con libros infantís para levar prestados.





mércores, 2 de decembro de 2020

Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas




A exposición “Elas escribiron a historia. As primeiras xornalistas” recoñece o papel das precursoras galegas da comunicación na loita pola igualdade entre mulleres e homes.


A mostra repasa a traxectoria de Sofía Casanova, Concha Castroviejo, Emilia Pardo Bazán, Filomena Dato Muruais, María Luz Morales, Mercedes Vieito Bouza, Pura Vázquez Iglesias, Concepción Arenal, Clara Corral Aller, Virginia Felicia Auber, María Vinyals e Avelina Valladares Núñez. 



Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...