Mañá comeza o prazo de inscrición para o obradorio de iniciación ao teatro para adultos, a cargo de Manuel Solla.
Os días 8, 9 e 10 de setembro de 18.00 a 20.00 h.
Inscricións a partir do día 1 de setembro no formulario da páxina web da biblioteca.
Préstamo de libros, e-books, formación de usuarios, contacontos, obradoiros...
Mañá comeza o prazo de inscrición para o obradorio de iniciación ao teatro para adultos, a cargo de Manuel Solla.
Os días 8, 9 e 10 de setembro de 18.00 a 20.00 h.
Inscricións a partir do día 1 de setembro no formulario da páxina web da biblioteca.
![]() |
O vindeiro 7 de setembro, de 17.30 a 19.30 h. terá lugar este obradoiro a cargo de Anias para público infantil, de 6 a 9 anos.
Os participantes escoitarán un conto máxico sobre ecoloxía e coidado do medio ambiente, no que os seres fantásticos que o protagonizan darán a coñecer a importancia do coidado do entorno natural e dos seus habitantes. Despois do conto crearán ilustracións de seres fantásticos utilizando elementos naturais de forma sostíbel.
Con inscrición previa a partir do 31 de agosto ás 11.00 h. a través do formulario da páxina web da biblioteca
Uso obrigatorio de máscara
"Camiñando a Compostela" é unha pequena mostra bibliográfica, con libros propios, sobre os camiños de Santiago, que estará na planta baixa da Biblioteca dende o 1 de agosto ata o 15 de setembro.
Durante os meses de verán, na sala infantil, podes atopar esta selección de libros para levar prestados sobre os camiños de Santiago.
O día 28 de xuño celébrase o día do orgullo LGTBI+.
Na Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola temos unha sección estable no segundo andar na que podes atopar materiais diversos de temática LGTBI+.
Durante os meses de xullo e agosto a Biblioteca abre de luns a venres de 8.30 a 14.30h.
O servizo de préstamo pecha dez minutos antes do peche da Biblioteca.
Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...