Sinopse: Dar a coñecer aos participantes o entorno e a relación dalgúns escritores coa cidade de Pontevedra empregando a fotografía.
Sesión do venres 3 outubro:
-Fotografiar unha serie de recursos espallados pola cidade de Pontevedra, para o que formaremos dous equipos e proporcionaremos un mapa e unha serie de pistas. Os participantes terán que facer probas ou cumprir certos requisito que non desvelaremos ata o día da proba.
-É indispensable que cada neno veña acompañado dun adulto, posto que sairemos á rúa para realizar as fotografías.
Sesión do sábado 4 outubro:
-O sábado no obradoiro escolleremos cos rapaces as mellores fotos e elaboraremos un álbum colaborativo co mapa e as fotos.
-Este día os rapaces xa traballarán con nós na biblioteca, non é preciso o acompañamento dos adultos.
Requisitos tecnolóxicos:
-Deben utilizarse cámaras dixitais, servirán as cámaras dos teléfonos, non é posible participar con cámaras analóxicas. Hai que ter en conta que non é un concurso fotográfico, polo que non é preciso dispor de cámaras de alta definición. O requisito de formato dixital tan so se pon para facilitar a descarga dos arquivos.
-No momento da inscripción os participantes deberán indicar si levarán cámara propia ou si precisan que a organización lles preste unha.
Público destinatario: Nen@s de 6 a 11 anos
Lugar: Sala de obradoiros e rúas de Pontevedra
Hora: De 17:00 a 18:30 (venres) e de 12 a 13.30 (sábado)
Con inscrición previa, a partir do 23 de setembro, martes ata ocupar as prazas (14) na entrada da Biblioteca (Información), en horario de 9 a 21h., por teléfono no 986 850 838 ou por correo electrónico na seguinte dirección: biblio.publica.pontevedra@xunta.es
Entrada de balde
Ningún comentario:
Publicar un comentario