mércores, 10 de setembro de 2014

Clubs de Lectura outubro 2014-xuño 2015

Como todos os anos, a biblioteca pública pon en marcha os “Clubs de Lectura” que darán comezo o mes de outubro e rematarán no mes de xuño do 2015:  



Poden formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués. Con esta actividade queremos seguir promovendo o uso da Biblioteca e fomentando o hábito lector.

- CLUB DE LECTURA EN GALEGO :  MARTES  alternos de 18:00 a 19:00 h. (20 prazas)
- CLUB DE LECTURA EN PORTUGUÉS:  LUNS  alternos de 18:00 a 19:00 h. (15 prazas)
- CLUB DE LECTURA EN INGLÉS : MARTES  alternos  de 19:45 a 20:45 h. (20 prazas)
- CLUB DE LECTURA EN CASTELÁN: Todos os mércores de  17:00 a 18:00 h. (20 prazas)

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:  Do 15 de setembro  ata cubrir as prazas. 
Na Biblioteca   de 9:00 a 21: 00 h.  
Por teléfono de 9:00 a 14:00 h. 
Por correo electrónico no seguinte enderezo:biblio.publica.pontevedra@xunta.espoñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos:  Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.  

Se non é usuario terá  que solicitar o carné.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Libros con corazón

Imos poñer a San Valentín como escusa para ensinarvos unha pequena selección de libros en cuxo título aparece a palabra corazón. Se quer...