Curso de Filosofía: “Aproximación
á Filosofía”, a cargo
do profesor Domingos Antom García Fernandes
Actividade convocada pola Bibliteca Pública de Pontevedra dentro
do programa de Voluntariado Cultural da Xunta de Galicia.
Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra
Horario: 19’00 – 20'45 (en xoves alternos dende o 9 de outubro ata o 25 de xuño. Grupo 1 comeza o xoves 9 de outubro, Grupo 2 comeza o xoves 16 de outubro)
30 prazas con
inscripción previa dende o luns 15 de setembro, Na Biblioteca de 9:00 a 21: 00 h. Por teléfono de 9:00 a 14:00 h. o por correo electrónico no seguinte enderezo: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome da actividade ao que quere anotarse. No correo incluír tamén os seguintes datos: Nome e apelidos, telefono de contacto e nº de lector se xa es usuario da biblioteca.
Alguns dos temas a tratar entre
otros moitos dun largo programa impartido en 18 sesións por o profesor Domingos Antom García Fernandes
serán “A caverna de Platon e a nosa caverna. Que é Filosofia?”,
“Materialismo e Idealismo”, “Análise do Capitalismo”, “As Clases Sociais”, “O
Común”, “Sobre a Religión: Deísmo, Teísmo, Ateísmo, Panteísmo, Agnosticismo”,
etc.
Programa Completo:
ANO 2014
9 e 16 de Outubro: A caverna de Platón e a nosa caverna. Que é Filosofía?
23 e 30 de Outubro: O respecto á argumentación. As falacias máis frecuentes
6 e 13 de Novembro: Materialismo e Idealismo
20 e 27 de Novembro: Natureza e Cultura
4 e 11 de Decembro: Monismos e Dualismos diante do problema do Cerebro
18 e 12 de Decembro: Poñer
en causa o humanismo
ANO 2015
8 e 15 de Xaneiro: Análise do Capitalismo. Karl Marx e O
Capital
22 e 29 de Xaneiro: Análise do Capitalismo. Karl Polanyi e A Gran Transformación
5 e 12 de Febreiro: Análise do Capitalismo. John Maynard Keynes e A Teoría Xeral
19 e 26 de Febreiro: Análise do Capitalismo. De Mundialización e Globalización
5 e 12 de Marzo: As Clases Sociais. O Precariado
19 e 26 de Marzo: A Ideoloxía Dominante. Os Dereitos Humanos como Ideoloxía
16 e 23 de Abril: O Común. A Igualdade. A Esquerda
30 de Abril e 6 de Maio: Nacionalismo e Capitalismo. Existen nacionalismos de esquerdas?
7 e 20 de Maio: A produción do espazo. De cidades globais e cidades
rebeldes
21 e 28 de Maio: Sobre a Relixión: Deísmo, Teísmo, Ateísmo, Panteísmo, Agnosticismo
4 e 11 de Xuño: Sobre a Relixión: Marx, Nietzsche, Freud
18 e 25 de Xuño: A Construción Cultural do Amor no Capitalismo Neoliberal
Ningún comentario:
Publicar un comentario