Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January 14, 2014

30 de xaneiro. Día da ilustración

Imaxe
30 de xaneiro, xoves: Taller de ilustración: “Era unha vez…a Ilustración”, a cargo de Patricia Rodriguez Saavedra (IMASV)


Sinopse: Contaráselle aos cativos como evolucionou a Ilustración ao longo da historia ata os nosos días. Dende as primeiras miniaturas dos manuscritos ilustrados, pasando pola importancia de debuxar con texto, o movemento, as solapas, as texturas, o 3D, olores, sentidos, os audiolibros…, a cargo de Patrica Rodriguez Saavedra (IMASV)
Hora: De 12:00 a 13:00 h Púbico destinatario:Alumnos de 1ro. de Primaria del CEIP A Laxe (Marín) Lugar: Sala de obradoiros / Sala Infantil

Xoves 30 de xaneiro. Faladoiro “A ilustración gráfica hoxe en Galicia” Con Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía Modera: Henrique Torreiro Xoves 30 de xaneiro Hora: 18.30 h Para todos os públicos

De forma distendida e achegada ao público xeral, o faladoiro centrarase no traballo dos profesionais da ilustración, nos retos aos que se enfrontan na actualidade e nas perspectivas de futuro que se a…

Obradoiro para adultos: Iniciación á informática “SÍNTETE CÓMODO CO PC”

Imaxe
Datas: marte e xoves 4, 6 11 y 13 de febrero de 2014. de 18:00 a 19:30 h.
Duración 90 mn.
Lugar: sala de obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra

Obradoiro para adultos Con inscripción previa, a partir do 20 de xaneiro no correo electrónico: biblio.publica.pontevedra@xunta.es, no teléfono 986 85 08 38 ou na biblioteca, 3ª planta, de 9 a 14 h. (12 plazas)


Programa das sesións:
UNIDADE DIDÁCTICA 1: INTRODUCIÓN AO ORDENADOR
1. PRESENTACIÓN E EXPLICACIÓN DAS PARTES DUN ORDENADOR
Que utilidade ten?
Que compoñentes ten un ordenador?
Como podo empezar a usar un ordenador?
O sistema operativo

2. COÑECEMENTO E MANEXO DO TECLADO

3. COÑECEMENTO E MANEXO DO RATON

4. AS ICONAS E OS BOTÓNS
Que é unha Icona?
Que é un Botón?

5. AS VENTÁS

Que é unha ventá?
Estrutura das ventás
Traballar cunha ventá

6. DISCOS, CARPETAS E ARQUIVOS

¿Que son?
As Carpetas
Os Arquivos

7. O EXPLORADOR DE WINDOWS

¿Que É?
A ventá do Explorador
Cambiar as vistas do Explorador

8. O ESCRITORIO DE WINDOWS

¿Que É?
Barra de Tarefas

Conferencia / Obradoiro: SERVIZOS BANCARIOS BÁSICOS PARA PERCEPTORES DE RENTAS MÍNIMAS, a cargo de ADICAE (Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros de Galicia)

Imaxe
Conferencia / Obradoiro Datas:  28 de xaneiro de 2014. Hora: 18:00

Lugar: Sala de Obradoiros da Biblioteca Pública de Pontevedra Entrada libre ata completar aforo