Publicacións

Mostrando publicacións desta data: January 29, 2014

Xoves 30 de xaneiro. Faladoiro “A ilustración gráfica hoxe en Galicia”

Imaxe
Con Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía. Modera: Henrique Torreiro
Xoves 30 de xaneiro Hora: 18.30 h Lugar: Salón de Actos da Biblioteca Pública de Pontevedra Para todos os públicos

De forma distendida e achegada ao público xeral, o faladoiro centrarase no traballo dos profesionais da ilustración, nos retos aos que se enfrontan na actualidade e nas perspectivas de futuro que se abriron nos últimos anos, cun progresivo recoñecemento social da importancia cultural do visual en xeral e da ilustración en particular. Henrique Torreiro modera este faladoiro, no que participarán en diálogo os ilustradores Marina Seoane, Almudena Aparicio e Manuel Uhía.
Marina Seoane (Madrid, 1957). Licenciada pola Facultade de Belas Artes de Madrid, ten colaborado con máis de corenta editoriais, estudios de deseño e organismos oficiais. Ten ilustrado arredor de douscentos cincuenta libros e é autora de cinco contos. Varios dos seus libros obtiveron premios e mencións, como do Ministerio de Cultura, da Lis…