Publicacións

Mostrando publicacións desta data: November 11, 2016

Beatriz Araújo Vázquez, a voluntaria na Biblioteca que coordina as Conversas en español para estranxeiros

Imaxe
Entrevistamos a Beatriz Araújo Vázquez, a voluntaria na Biblioteca que coordina as Conversas en español para estranxeiros

Beatriz Araújo, á dereita con dúas participantes na actividade.


Beatriz Araújo é mestra de inglés en primaria. Gústanlle as linguas e coñecer outras sociedades e culturas. É unha persoa extravertida, creativa e sensible. Valora a natureza, as paisaxes, os animais e o medio ambiente.
Como xurde a necesidade de axudar aos demais? Levo colaborando en voluntariado hai xa algúns anos tanto a nivel social como medio ambiental, e en concreto na biblioteca dende outubro de 2013. 
En que consiste a actividade que levas a cabo na biblioteca e dende cando se desenvolve? Son clases de conversa baseadas en situacións comunicativas reais nas que tratamos tamén temas de interese dos alumnos. Solemos facelas os sábados alternos de cada mes, durante unha hora.
Como cres que evolucionou a actividade que coordinas na biblioteca neste tempo que leva funcionando? Comezamos conversando nunha s…